PSOE E BNG VOTAN EN CONTRA DE AXILIZAR A CONSTRUCIÓN DA AUTOVÍA PONTEVEDRA-VIGO, COMO ALTERNATIVA Á VARIANTE DE REDONDELA, REXEITADA MASIVAMENTE POLOS
• Socialistas e nacionalistas trataron de ocultar o seu posicionamento contrario aos intereses da plataforma veciñal, cunha transacción que non comprometía alternativa algunha á variante na N-550, nin prevía a axilización dos traballos
• Gómez Alonso acusa a socialistas e nacionalistas de actuar “a remolque” dos ditados da ministra de Fomento e anuncia que o PP trasladará este asunto ao Congreso e o Senado
Socialistas e nacionalistas votaron en contra, esta tarde, na Comisión de Obras Públicas do Parlamento de Galicia, dunha proposición non de lei na que o Grupo Popular reclamaba que o Ministerio de Medio Ambiente licite conxuntamente, este ano, proxecto e obra da autovía Pontevedra-Vigo (A-57), como alternativa á variante de Redondela da estrada N-550, rexeitada unanimemente polos veciños e a forzas políticas dese concello.
Paralelamente, o PPdeG reclamaba a execución dun enlace entre a futura Autovía e o concello de Redondela para facilitar a conexión viaria desa localidade co seu contorno xeográfico, actualmente saturada como consecuencia dun elevado volume de tránsito.
Ao defender a idoneidade da proposta finalmente rexeitada polos grupos que sustentan ao Goberno bipartito, o voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, recordou que malia que a execución da A-57 xa foi anunciada pola ministra de Fomento en setembro de 2004, se Xunta e a Goberno central non activan a tramitación dese expediente, a nova vía de alta capacidade non entrará en servizo, como moi cedo ata o ano 2014.
PSOE E BNG REXEITAN AS DEMANDAS VECIÑAIS
Gómez Alonso interpreta que o voto contrario de PSOE e BNG á proposta de execución da A-57 como alternativa á variante de Redondela -á que se opón unha plataforma veciñal integrada por máis de 1.000 persoas e contra a que foron rexistradas máis de 7.000 sinaturas de habitantes dese concello- implica o recoñecemento de que socialistas e nacionalistas dan as costas aos intereses dos redondeláns que se poderían ver afectados pola vía de circunvalación da N-550.
Nun intento de ocultar un posicionamento contrario aos intereses dos veciños, os deputados do PSOE e do BNG formularon unha emenda de modificación, que non foi aceptada polo PPdeG, posto que non comprometía alternativa algunha á variante de Redondela, nin prevé a axilización das obras da autovía Pontevedra-Vigo, mediante a licitación conxunta de proxecto e obra.
ACTITUDES ANTAGÓNICAS EN REDONDELA E EN SANTIAGO
A xuízo de Gómez Alonso a actitude amosada esta tarde por socialistas e nacionalistas no Parlamento de Galicia entra en clara contradición cos postulados defendidos polos concelleiros do PSOE e do BNG no Concello de Redondela. “Alí, semellan defender os interese dos veciños, mentres que en Santiago tratan de nadar e gardar a roupa, non vaia ser que a ministra de Fomento lles tire polas orellas por asumir compromisos incómodos para o Goberno central”, afirma o deputado popular.
Nesta liña, Gómez Alonso acusa aos grupos que sustentan ao bipartito de actuar “a remolque” dos ditados da ministra de Fomento e anuncia que trasladará o asunto ao Congreso e o Senado a través dos representantes galegos do PP nas cortes xerais. O Grupo Popular tamén formulará unha pregunta á conselleira de Política Territorial na Cámara galega para coñecer a súa opinión en relación coas necesidades plantexadas polos veciños de Redondela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario