martes, 4 de noviembre de 2008

GÓMEZ ALONSO ACUSA A CARIDE DE OFRECER “MENTIRAS E CONTOS CHINOS” Á COMARCA DO DEZA EN LUGAR DE COMPROMETER PARTIDAS PRESUPOSTARSIAS NAS CONTAS

•PSOE e BNG volven dar mostra da súa incoherencia ao anunciar no Deza a conversión en autovía do corredor Lalín-Alto do Faro a pesar de que no Parlamento de Galicia votaran en contra hai escasamente tres semanas

•O PPdeG considera que a caída do número de expositores na Semana Verde é consecuencia directa da incompetencia de Méndez Romeu e revela quo o certame non debería terse aprazado

“Mentiras e contos chinos”. Esta é a conclusión do portavoz de Obras Públicas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, logo da recente visita efectuada pola conselleira de Política Territorial a Rodeiro para anunciar o desdobramento do corredor Lalín-Alto do Faro para convertelo en Autovía.

Gómez Alonso recorda que tal anuncio carece de credibilidade algunha na medida en que con conta con un só euro presupostado nos Orzamentos da Xunta de Galicia para 2009 e que o Plan Director de Estradas de Galicia –elaborado por Política Territorial- tampouco contemplar dar continuidade a ese hipotética autovía a partir de Alto do Faro e Chantada cara Monforte de Lemos.

O único previsto no Plan Director de Estradas é un acondicionamento, é dicir un reasfaltado e corrección de radios das curvas do trazado actual. Por parte do Ministerio de Fomento, a Autovía Chantada-Monforte leva cinco anos a paralizada co estudio sen sacar a información pública.

O voceiro de obras públicas do Grupo Popular cuestiona, simultaneamente, a incoherencia amosada polos responsables locais do PSOE e do BNG na comarca do Deza, onde comprometen o desdobramento do corredor, malia que os deputados socialistas e nacionalistas votaron en contra desta proposta, hai escasamente dúas semanas, no Parlamento de Galicia. Foi despois de que o PPdeG formulase unha proposta de resolución na que reclamaba “a conversión da PO-533 (Alto do Faro-Lalín) en autovía, para a súa posterior unión co tramo Chantada-Monforte”.

LEXISLATURA PERDIDA

Insiste o deputado popular en que despois de unha lexislatura perdida para a comarca do Deza, os anuncios que Caride poda efectuar nesta área xeográfica carecen de credibilidade. A única actuación salientable de Política Territorial corresponde ao acondicionamento da estrada Silleda-Laro, de tan só 8 quilómetros, pero que está a ser executada a un ritmo anormalmente lento, cunha media de dous quilómetros por ano.

O PPdeG recorda a sucesión de mentiras coas que a conselleira de Política Territorial ten tratado de enganar aos habitantes dos concellos da comarca. Foi así cando asegurou que non había posibilidade de rebaixar a peaxe da Autoestrada Santiago-Alto de Santo Domingo, pero meses despois estableceu a gratuidade para os usuarios desa vía que circulen pola AP-53 cara Pontevea.

María Xosé Caride non aposta pola comarca do Deza, destina 8,8 me para liberar o treito ourensán, e Fomento cero euros para rebaixar a AP-53; constrúe un enlace en Piñor de Cea gobernado polo PSOE e ignora o enlace a Dozón; e no Plan de Reequilibrio Territorial a Xunta aposta porque a futura Autovía Santiago-Lugo (A-54) pase por Melide e non pola Agolada, como estaba previsto inicialmente.

SEMANA VERDE

Paralelamente, Gómez Alonso apunta que a intensa caída do número de expositores da próxima edición da Semana Verde de Galicia revela a “absoluta incompetencia” do conselleiro da Presidencia, José Luis Méndez Romeu, que “semella estar empeñado en borrar do mapa este certame”.

Aprazar ata o outono a celebración do certame constituíu, en opinión de Gómez Alonso, o primeiro dunha longa serie de erros cometidos polo Goberno bipartito en relación co recinto feiral de Silleda.

No hay comentarios: