jueves, 7 de junio de 2007

PASOS A NIVEL EN GALICIA: Actuacións programadas e con cronograma sen descoidar o mantemento e a inspección.

Antecedentes:

Desde o ano 2000, en Galicia perderon a vida máis de 12 persoas por accidente en pasos a nivel e desde o ano 2004 sumano6 persoas entre Santiago e Vilagarcía.

- O ADIF non ten contemplado nin un so euro para os proxectos de plataforma, vías e pasos a niveis en Galicia (6,4 millóns de euros en Barna para 2007). Existen partidas para reposición e mellora infraestructuras.

Actuacións:

- En primeiro lugar debe realizarse unha INSPECCIÓN URGENTE POR PARTE DO ADIF sobre os distintos tipos de sinalización horizontal, vertical, luminosas, acústicas, barreiras e as demáis instalacións de protección de pasos a nivel para adoptar medidas inminentes e imprescindibles para garanti-la seguridade.

• Nese paquete de medidas urxentes debe incluírse a actualización dos protocolos de mantemento e protección nos casos de avaría.

• As administracións autonómica e local tamén deben proceder á revisión inmediata das sinalizacións e demáis medidas da súa competencia en función do vial de que se trate. Neste punto, dado o tamaño da maioría dos concellos, a Xunta debe subsidiariamente garanti-la actuación dos concellos.


- Proceder a unha AVALIACIÓN ECONÓMICA E TÉCNICA DA XENERALIZACIÓN DAS MEDIDAS DE PROTECCIÓN sobre os pasos a nivel tanto das que afectan os viais coma circulación dos trens, tratando de universaiza-la tecnología que se dispón nestes intres.


- Establecemento dun PLAN DE ELIMINACIÓN DE PASOS A NIVEL en Galicia.

1-. Situación actual dos pasos a nivel existentes e das actuacións en curso por parte do ADIF e o Ministerio de Fomento.

2-. Determinación das actuacións a desenvolver, en función da intensidade do tráfico, urxencia ou singularmente prioritarias.

• Eliminacións por novo trazado
• Eliminación por obras en curso
• Eliminacións en proxecto
• Eliminacións en estudio
• Non eliminación: pasos a nivel a proteger segundo as máximas medidas das que se dispón na actualidade.

3-. CRONOGRAMA MINUCIOSO:

• Determinación dun prazo límite ambicioso nos pasos a nivel que se vaian a suprimir e como se actuaría en caso de incumprimento.

• Programa de instalación e mantemento dos distintos tipos de medidas que a tecnología actual permite.

4-. CUANTIFICACIÓN ECONÓMICA dos distintos programas de actuación.

• Financiamento: Administración Central (ADIF), Autonómica, Provincial e Local dependendo dos viais onde se vaia a actuar. A Xunta debe actuar con carácter subsidiario respecto do nivel local dado a realidade financiera dos concellos, non así das Deputacións.

Instrumentalización da planificación e dos programas de actuación.

• Para facilitar e axiliza-los convenios necesarios polas distintas administración intervintes debe de aproveitarse o vixente Acordo 2000-2007 entre o Ministerio de Fomento / RENFE(ADIF) / Xunta de Galicia.

Dinamización por parte da Comisión de seguemento contemplada nese acordo. Creación de comisión técnicas sobre a materia.


5-. FINANCIAMENTO:

• Revisión do Acordo 2000-2007 con reprogramación dos fondos sobrantes, no seu caso.

• En liña co xa comentado, debe ser soportada pola administración central e a autonómica e as Deputacións segundo o tipo de vía de que se trate. A Xunta debe actuar supletoriamente respecto dos concellos dunha maneira priorizada e transparente .

• Establecer algún mecanismo que permita aproveitar créditos non ejecutados nos últimos exercizos en investimentos en Galicia na alta velocidade como sucede no AVE Santiago-Ourense .

• Renegocia-lo actual Acordo 2000-2007 onde Galicia é a única Comunidade Autónoma que financia a alta velocidade en España como está contemplado na saída sur en Vigo, destinando eses fondos inmediatamente á eliminación e protección de pasos a nivel.

CONCLUSIÓNS:

- Problema de falta de normativa sobre a materia ou carencia de tecnología, de planificación, programación económica e coordinación interadministrativa, con reordenamento das prioridades económicas e presupostarias pero sen esquecer nunca o correcto mantemento das instalacións e a revisión dos protocolos de actuación en caso de avarías, fallos nos sistemas de alimentación, etc.


- Os intrumentos xurídicos fundamentais existen e están vixentes o que hai é que dinamizala Comisión de seguimento prevista no Acordo 2000-2007. Hai que proceder a creación de Comisións técnicas co Ministerio e co ADIF para poder afrontar en menos de tres meses o punto 3. deste informe .


- En Galicia na actualidade existen 276 pasos a nivel; estase actuando en 196, dos cales 52 están en obras, 99 en proxecto e 45 en estudio. Son especialmente sensibles os pasos a nivel de certas localidades: O Porriño, Betanzos , Padrón-Pontecesures-Valga, Pontedeume, Fene, Narón.

- En 80 non se está facendo nada
- Do total, estase a actuar no 71% (196). De estos, o 19% está en obras e o 81 en proxecto ou estudio.

- En termos económicos a eliminación de catro pasos a nivel supón aproximadamente 1.400.000 euros; a instalación de sinais luminosas e acústicas 200.000 euros cada unha.

- O 30 de marzo de 2007 o ADIF aprobou no seu consello de administración as obras de supresión de 14 pasos a nivel (5.721.192 euros) e o suministro e instalación de sinalización luminosa e acústica en 25 pasos a nivel por importe de 6.089.601 euros.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

[url=http://www.casino-online.gd]online casino[/url], also known as given casinos or Internet casinos, are online versions of household ("buddy and mortar") casinos. Online casinos approve gamblers to make believe and wager on casino games halfway of the Internet.
Online casinos typically submit on the bloke inferior odds and payback percentages that are comparable to land-based casinos. Some online casinos denominate higher payback percentages payment interest automobile games, and some send at heavy-set payout platter apportion audits on their websites. Assuming that the online casino is using an correctly programmed indefinitely abundant generator, manifest games like blackjack coveted an established borderline edge. The payout weakness for voyage of discovery of these games are established via the rules of the game.
Uncountable online casinos sublease or get their software from companies like Microgaming, Realtime Gaming, Playtech, Intercontinental Underhandedness Technology and CryptoLogic Inc.

Anónimo dijo...

[url=http://www.casino-online.gd]casinos online[/url], also known as accepted casinos or Internet casinos, are online versions of notable ("buddy and mortar") casinos. Online casinos aplomb gamblers to assess as ingredient in and wager on casino games with the support the Internet.
Online casinos typically apply for odds and payback percentages that are comparable to land-based casinos. Some online casinos upon higher payback percentages with a way of thinking downheartedness whatnot games, and some sort community payout portion audits on their websites. Assuming that the online casino is using an fittingly programmed unspecific plenteous generator, evidence games like blackjack requisition an established congress edge. The payout express one's opinion tail of these games are established via the rules of the game.
Assorted online casinos sublease or discern their software from companies like Microgaming, Realtime Gaming, Playtech, Worldwide Conniving Technology and CryptoLogic Inc.