viernes, 26 de enero de 2007

O Proxecto de Orzamentos da Consellería de Política Territorial 2007... a Debate!

No mes de outubro, presentouse oficialmente o orzamento da que tiña que ser unha das carteiras máis importantes da administración autonómica galega, pero a realidade é que o peso que a Política Territorial, as Obras Públicas e os Transportes teñen no país non se reflicte no peso que a consellería debería de ter dentro da administración autonómica.

NO ULTIMO ORZAMENTO DO PP, AS INVERSIÓNS REAIS MEDRARON CASE QUE UN 29% E AS TRANSFERENCIAS DE CAPITAL CASE UN 9%

POLA CONTRA ESTE ANO MEDRA UN 10,9 %.... NOS MESMOS CONCEPTOS !

E O PEOR, E QUE NO ECUADOR DA LEXISLATURA NON HAI UN SÓ PROXECTO ESTRATÉXICO EN SERVIZO PARA O NOSO PAÍS!

No ano en que se aproba a Lei de Transparencia, comprobamos que á Conselleira o único que lle preocupa é a APARIENCIA ORZAMENTARIA, xa que estes son uns orzamentos en Obras Públicas menos transparentes que os anteriores, por que case que unha terceira parte, é dicir 110 Me sobre un total de 370 Me dedícanse a partidas xenéricas.

A FALTA DE TRANSPARENCIA,MEDRA UN 82% RESPECTO DE 2006

ESTES ORZAMENTOS PROVOCAN UN RETRASO INXUSTIFICADO EN MÁIS DE 15 PROXECTOS CONTRUCTIVOS PARA O NOSO PAÍS

Os orzamentos da Sra. Caride, provocan que as máis importantes infraestructuras como son, A VIA ARTABRA/ AS VAC´S TUI- AGARDA/ SARRIA-MONFORTE/FERROL-SAN CIBRAO/ MARIN-PONTEVEDRA, OU AS VAC´S DO NORTE E DE NOIA, xunto con outros importantes proxectos como , A AUTOVÍA PONTEVDRA-VILAGARCIA/ A VARIANTE DE CARBALLO/ O ACCESO O PORTO DE BRENS OU A ESTRADA BECERREA-NAVIA DE SUARNA, entre outras, non esten rematadas ata os anos 2012-2014.

Como podedes comprobar o debate esta aberto, e todalas suxerencias, ideas e informacións que poidades aportar son moi importantes para mellorar a nosa laboura de control parlamentario.

Unha aperta

No hay comentarios: