O PPdeG CONSIDERA QUE A PROPOSTA DO CANDIDATO SOCIALISTA Á ALCALDÍA DE OURENSE PARA REDUCIR A PEAXE DA AP-53 SUPÓN UNHA “CHANTAXE Á CIDADANÍA"

A proposta do candidato socialista á Alcaldía de Ourense de iniciar unha ofensiva para tentar suprimir a peaxe da autoestrada AP-53 constitúe unha “chantaxe á cidadanía”, na medida en que condiciona o apoio á medida a unha vitoria electoral que el mesmo é consciente de que non se vai producir. O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, responde deste xeito á proposta divulgada onte e recorda que a medida revela unha nova incoherencia dos socialistas galegos, que propoñen en Ourense unha medida á que se veñen opoñendo con vehemencia no Parlamento de Galicia e noutras institucións, como sucedeu recentemente no Concello de Lalín.
Gómez Alonso recorda que no recente trámite parlamentario dos Orzamentos da Xunta de Galicia para 2007, o Grupo Popular presentou unha emenda para rebaixar a peaxe da AP-53 nun 25%, pero que a proposta foi rexeitada cos votos en contra dos deputados do PSOE e do BNG.
INDIFERENCIA DO BNG
Do mesmo xeito, agrega o deputado popular, tampouco o BNG, “que tanto presume de defender os interese dos galegos”, formulou iniciativa algunha nas Cortes Xerais, durante o trámite dos Presupostos Xerais do Estado, para reducir ou eliminar a peaxe da autoestrada que enlaza Santiago co Alto de Santo Domingo e que en datas próximas conectará a capital de Galicia con Ourense
No hay comentarios:
Publicar un comentario