O Grupo Parlamentario Popular defenderá mañá no Parlamento de Galicia a construcción dun enlace da A-57 co concello de Redondela
SOLICITARÁN A LICITACIÓN CONXUNTA DO PROXECTO E OBRA DA A-57 (PONTEVEDRA-ARCADE-CONFURCO-VIGO) COMO ALTERNATIVA A VARIANTE DE REDONDELA
A CONSTRUCCIÓN DA VARIANTE FOI ANUNCIADA POR MAGDALENA ALVAREZ NO ANO 2004 E APROBADA EN ABRIL DE 2005
• O Voceiro de Infraestructuras do Grupo Parlamentario Popular, Alejandro Gomez Alonso acusa a Política Territorial de “dar a calada por resposta “ ante a paralización da variante, “obrando o dictado do departamento que dirixe Magdalena Alvarez”.
• Goméz Alonso afirma que o último escrito enviado polo Ingeniero Jefe de Demarcación de Carreteras do Estado, o único que amosa e a intención do Ministerio de Fomento, de construir a Variante como via para conectar a A-57 coa rede arterial de Vigo-Peinador.
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2007-. O Grupo Parlamentario Popular defenderá maña na Comisión de Obras Publicas do Parlamento de Galicia, unha Proposición Non de Lei par solicitar a licitación conxunta do proxecto e obra no ano 2007 da A-57 (Pontevedra-Arcade-Confurco-Vigo) como alternativa a Variante de Redondela anunciada polo departamento que dirixe Magdalena Alvarez en Setembro de 2004 para conectar a Vigo e Peinador con Redondela a través da construcción da variante.
O Grupo Popular defenderá a construcción dun enlace da A-57 co concello de Redondela como solución para desconxestionar a accesibilidade a Redondela.
LICITACIÓN CONXUNTA DO PROXECTO E OBRA
A autovía entre Vigo e Pontevedra está pendente, por unha banda a Declaración de Impacto Ambiental, no tramo Pontevedra-autovía Rías Baixas e, da redacción do estudio informativo no ramal a Vigo. Co actual ritmo, non haberá autovía ata, alomenos, o 2014.
É necesario que no primeiro semestre se publique a Declaración de Impacto Ambiental e a aprobación do estudio informativo e, no segundo semestre a licitación conxunta do proxecto e obra de todos os tramos.
ACTUACIÓN SITUACIÓN ACTUAL BOE 2007
Autovía Vigo-Po Po-Autovía R. Baixas: pendente DIA
Ramal Vigo: redacción estudio informativo Primeiro semestre:
Publicación DIA
Aprobación EI
Segundo semestre:
Licitación conxunta do proxecto e obra
DIA: Declaración de Impacto Ambiental
EI: Estudio Informativo
A CONSTRUCCIÓN DA VARIANTE
No estudio Informativo da conexión da conexión da Autovía A-57 coa Rede Arterial de Vigo e o Acceso o aeroporto de Peinador, elaborado por TRN-Ingenieria y Planificación, destaca os seguintes feitos:
4 de febreiro de 2005
A Dirección General de Carreteras autotizou a redacción dun estudio informativo para analizar as alternativas para unah conexión entre a futura Variante de Redondela e a Rede Arterial de Vigo, e así como mellorar a conexión de dito aeroporto e a AP-9.
26 de abril de 2005
Encargase un estudio máis ambicioso, segun a moficación da orde do 26 de abril de 2005, ampliandose o ambito de actuación inicialmente proposto hacia o norte, de forma que quede completada a conexión entre Vigo e o aeroporto de Peinador, con Pontevedra a través da Variante de Redondela e a A-57.
7 de agosto de 2006
O Ministerio de Fomento publica no BOE o anuncio de que se somete a aprobación provisional do estudio informativo “Carretera N-550. Variante de Redondela”, seleccionando como opcións a desenvolver as solucións 1A e 1B do estudio informativo.
6 de outubro de 2006
O Director General de Calidad y Evaluación Ambiental remitelle un escrito o alcalde de Redondela para darlle conta de que ten 30 días para presentar alegacións o proxecto de conexión da A-57 coa rede arterial de Vigo.
VISITA DA CONSELLEIRA A REDONDELA
Na visita que o pasado mes de outubro, a Conselleria de Política Territorial fixo o concello de Redondela, “dou a calada por resposta” respecto a paralización da variante así como tamén rexeitou arranxar a peaxe entre Redondela e Vigo.
ULTIMO ESCRITO DO MINISTERIO DE FOMENTO
Con rexistro de saída o 13 de decembro de 2006, o Ingeniero Jefe de Demarcación de Carreteras, remitialle un oficio onde lle daba conta dos estudios encargados por Fomento para conectar a A-57 coa rede arterial de Vigo e concluia afirmando “ que de estos estudios se deducirán las mejores alternativas para la conexión con vias de alta capacidad entre Pontevedra y Vigo, y que pudieran resultar por quedar superado por nuevos planeamentos, se pudiera anular –en su momento- el expediente de la variante de redondela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario