jueves, 15 de febrero de 2007

A Conselleira de Política Territorial elude a súa responsabilidade e delega no conselleiro de Economía

O PPdeg REPROCHA A “CARADURA” DA CONSELLEIRA DE POLÍTICA TERRITORIAL, QUE PAGA ANUNCIOS DE FOMENTO, PERO SE NEGA A COMPARECER NO PLENO PARA EXPLICAR OS INCUMPRIMENTOS DO ESTADO CON GALICIA

• O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular considera que “desde que é presidente da Xunta, Pérez Touriño volveu ás andadas de 1994, cando afirmaba alegremente que la alta velocidad es inviable en Galicia”

• O recorte presupostario aplicado polo Goberno central converterá a Galicia na única Comunidade na que non se efectúe investimento algún para mellorar o tren de cercanías, ao tempo que se paralizan 270 quilómetros de vías de alta capacidade e 700 quilómetros de Ave

• O 97% do investimento total destinado polo Goberno central a Galicia corresponde a proxectos iniciados ou financiados polo Goberno anterior, mentres que só o 3% restante corresponde a obras novas, como tramos de Ave e autovías interiores, que acumulan anos de retraso


Santiago, 14 de febreiro de 2007.- O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, reprochou hoxe a “caradura” coa que actúa a conselleira de Política Territorial, que chega ata o extremo de financiar con cartos da Xunta de Galicia anuncios de obras que son competencia do Ministerio de Fomento pero, pola contra, se nega a comparecer no Parlamento para explicar o retraso que acumulan as grandes obras públicas de competencia estatal na Comunidade Autónoma.

A conselleira volveu eludir hoxe a súa responsabilidade e negouse a acudir ao Parlamento para responder a unha interpelación do PPdeG sobre a insuficiencia dos orzamentos do Estado para 2007 para executar en prazos as infraestruturas programadas en Galicia. María José Caride obrigou a comparecer no seu lugar ao conselleiro de Economía, que se amosou incapaz de xustificar a discriminación da que está a ser obxecto por parte do Goberno central, especialmente no relacionado coas competencias que xestiona o Ministerio que dirixe Magdalena Álvarez.

AS HEMEROTECAS TRAICIONAN A TOURIÑO

Na súa intervención, o voceiro de Infraestruturas dos populares galegos amosouse convencido de que “desde que é presidente, Pérez Touriño volveu ás andadas de 1994, cando afirmou alegremente que la alta velocidad es inviable en Galicia”, efectuando numerosos anuncios carentes de credibilidade algunha.

Como exemplos da inconsistencia da política de infraestruturas de Pérez Touriño, o deputado do PPdeG recordou que o presidente da Xunta anunciou o ano pasado que todos os tramos do eixo atlántico feri 10 tramos sen obra algunha. “O máis curioso deste asunto é que o anuncio xa fora efectuado polo propio Pérez Touriño en 2005, só que daquela se comprometía a rematar o AVE entre Vigo e A Coruña en 2007”, aclarou Gómez Alonso. Sen embargo o propio Ministerio de Fomento encargouse de disipar todas as dúbidas o pasado mes de abril ao recoñecer que a electrificación do Ave galego non comezará antes de 2001, co que non estará operativo, polo menos, ata 2013.

Outro exemplo de que a promesa de Touriño será imposible de cumprir visualízase no tratado de alta velocidade Santiago-Ourense: descoñécese por onde vai discorrer o trazado definitivo que atravesa os concellos de Vedra e Boqueixón por afectar á mina de Ramsa.

Pérez Touriño comprometera tamén que en 2007 estarían licitados todos os tramos do treito entre Ourense e Lubián, cando na actualidade restan aínda catro tramos por licitar e as obras non comezarán ata 2009, o ano previsto inicialmente para o remate dos traballos.

Se non fose suficiente con estes agravios –proseguíu Gómez Alonso-, en outubro de 2006 coñeceuse o investimento territorializado do Estado en Galicia, cualificado como “potente” polo presidente da Xunta, pese a que programan para un período de entre 10 e 15 anos obras que poderían materializarse en tan só 5 anualidades.

SÓ O 3% DO ORZAMENTO PARA OBRAS NOVAS

Eses datos revelan que o 97% do investimento do Estado en Galicia para 2007 corresponde a proxectos xa iniciados ou licitados polo anterior Goberno central do PP (autovía do Cantábrico, Eixo Atlántico Ferroviario, Ave Santiago-Ourense a Porto Exterior da Coruña, catro proxectos que suman 780 millóns de euros, o 96,9% dos investimentos). Só o 3% restante corresponde a obras novas, como as autovías e o Ave interior, que sofren un notable recorte respecto a presupostos anteriores.

O deputado popular insistiu en que o escaso peso político de Pérez Touriño ante os seus compañeiros socialistas do Goberno central fai que Galicia reciba só o 5,9% do investimento territorializado do Estado, porcentaxe que se sitúa lonxe do 8% comprometido. Entre os efectos do recorte presupostario efectuado, Galicia será a única Comunidade na que non se efectúe investimento algún para mellorar o tren de cercanías, ao tempo que se paralizan 270 quilómetros de vías de alta capacidade e 700 quilómetros de Ave.


LIBRO DE CABECEIRA DO PSOE

O voceiro popular recordou que un recente estudo do que é autor Ginés de Rus, catedrático da Universidade das Palmas, e auspiciado pola Fundación Iniciativas 21 vinculada ao PSDEg-PSOE), conclúe que, en España, as grandes obras básicas “xa están feitas”, mentres que a construción dos corredores de alta velocidade constitúe “unha decisión de superluxo”. A deixadez que caracteriza a xestión do bipartito en materia de infraestructuras leva a Gómez Alonso a pensar que ese estudo se ten convertido no libro de cabeceira de Magdalena Álvarez, pero tamén de Pérez Touriño e de María José Caride.

Malia o desinterese da Xunta e do Goberno central por acelerar a execución das obras pendentes, Alejandro Gómez Alonso reiterou a disposición do PPdeG por consolidar unha proposta de consenso, entre as tres forzas políticas con representación parlamentaria, en materia de Infraestruturas. Os populares galegos propoñen a sinatura dun acordo institucional entre a Xunta de Galicia e o Goberno central para fixar prazos e investimentos que garantan a construción do Ave e das autovías pendentes, como fixera a Xunta do PPdeG a principios da década dos 90 para asegurar a materialización das autovías de conexión coa Meseta.

PROPOSTA DE ACORDO INSTITUCIONAL XUNTA-GOBERNO CENTRAL

• Garantir un investimento do estado de 2.500 millóns de euros anuais en Galicia nos vindeiros 5 anos.
• Garantir a conexión por Ave das sete grandes cidades de Galicia con Madrid nun tempo máximo de tres horas e nunca despois do ano 2012.
• Creación dunha comisión de seguimento paritaria Xunta-Goberno central que asegure o cumprimento do Plan Galicia comprometido no propio documento.
• Garantía de execución orzamentaria na que o Goberno central se comprometa a acumular nos orzamentos do ano seguinte as partidas que non poda executar no anterior.

No hay comentarios: