O PPDEG PIDE A TOURIÑO QUE DEIXE DE SOÑAR DESPERTO E DE CONFUNDIR AOS GALEGOS COS PRAZOS DO AVE
O voceiro de Infraestructuras do Grupo Popular, Alejandro G. Alonso, pediu hoxe ao presidente da Xunta de Galicia que deixe de ‘soñar desperto e de confundir aos galegos creando falsas expectativas sobre a entrada do AVE en Galicia’.
O voceiro popular lembra ao presidente do Executivo Autonómico que para facer realidade os prazos hai que contar en primeiro lugar cunhas dotacións presupostarias suficientes, ‘algo -asegura- co que non conta Galicia, e en segundo lugar, coas tramitacións necesarias para cumplir os tempos e os prazos dos proxectos constructivos do Ave.
INSUFICIENCIA ORZAMENTARIA
Neste sentido, G. Alonso referiuse ás partidas establecidas nos Presupostos xerais do Estado 2007 para cada tramo do AVE, partidas que, a excepción do Ave Santiago-Ourense, terían que ser incrementadas cuantiosamente para cumprir os prazos dos que tanto fala o señor Touriño.
‘Nos PXE2007 –dixo- está aprobado un orzamento de 595 millóns de euros para todos os treitos do Ave en Galicia, cando para cumplir cos anuncios do señor Touriño farían falla un total de 945 millóns de euros’.
Segundo o voceiro de Infraestructuras do Grupo Popular, os presupostos e as previsións plurianuais confirman que tanto as autovías como os AVEs non estarán rematados ata os anos 2015-2018.
Alonso referiuse, tamén, á dobre cara do presidente da Xunta, asegurando que ‘non é de recibo que o presidente diga na prensa aos galegos unha cousa e despois, no Congreso e no Senado o Partido Socialista faga outra, votando en contra das emendas do PP para incrementar os orzamentos e facer realidade os prazos’.
Ave Santiago-Ourense
Segundo o voceiro popular a situación na que se atopa este Ave é o máis claro exemplo de que o señor Touriño ‘non se entera’.
‘É imposible que as obras estén rematadas no ano 2008 cando aínda non se iniciaron as obras do treito Vedra-Boqueixón a altura da Mina de Serrabal. Ao cal hai que engadirlle que nos plans de Fomento non está prevista a electrificación do Ave galego ata 2011’.
AVE da Meseta Lubián-Ourense
Para cumplir cos anuncios do señor Touriño deberíase de proceder a inmediata licitación conxunta de proxecto e obra dos catro tramos que están sen licitar a día de hoxe.
A dotación mínima para cumprir cos prazos este ano debería ser de 80 millóns de euros xa que recibe só 3,75 millóns, o que representa o 0.23 do custe total da obra (1600 millóns de euros).
Eixo Atlántico
Recibe 151.12 millóns de euros practicamente a mesma cuantía que en 2006. As previsións plurianuais esténdense ata 2010, cunha dotación para ese ano de case 400 millóns de euros: tres veces máis que para 2007, o que leva a pensar que a este ritmo non estará en servizo ata 2012-2013.
Na actualidade hai dez tramos nos cales aínda non se iniciaron as obras.
CUMIO ASTUR-GALAICO. BALÓN DE OSÍXENO AOS FRACASOS DE TOURIÑO
Diante do novo encontro institucional Astur-Galaico que se manterá esta fin de semana, Alonso pregunta ao señor Touriño con cantos políticos socialistas se ten que reunir para tapar os seus fracasos en materia de infraestructuras para Galicia.
‘Un ano despois da primeira xuntanza co goberno asturiano, o AVE Transcantábrico está anulado no BOE e dos catorce tramos da Autovía do Cantábrico tan só seis están en obras, nin un só quilómetro en servizo e a día de hoxe aínda hai dous tramos sen licitar no BOE. É imposible, polo tanto, que esté en servizo no ano 2009, como se anunciou a bombo e pratillo no último cumio’.
Para Alonso, con este último encontro o único que busca o señor Touriño ‘son balóns de osíxeno ante o fracaso da súa xuntanza con Zapatero e o desprezo que este ten por Galicia como o amosan os máis de 700 quilómetros de AVE paralizados’.
No hay comentarios:
Publicar un comentario