GALICIA NON TERÁ AVE EN 2010 POLA SOBERBIA DE TOURIÑO E A COMPLICIDADE DO NACIONALISMO GALEGO

Galicia non terá AVE no ano 2010, como propón o Grupo Popular, por mor da soberbia de Pérez Touriño, secundada pola complicidade do nacionalismo galego. O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, reiterou hoxe, no Pleno do Parlamento, a disposición do PPdeG para apoiar a sinatura dun gran pacto institucional Xunta- Estado para fixar un novo calendario de actuacións, que determine prazos e investimentos, e garanta a execución do AVE e das autovías pendentes en Galicia.
En opinión do deputado popular, Pérez Touriño continúa inmerso na mesma filosofía de cando era secretario xeral de Infraestruturas do Goberno central e deixou a Galicia sen autovías. Agora dedícase de novo a efectuar “anuncios para a galería”, mentres o Ministerio de Fomento licita, adxudica e pon en servizo centos de quilómetros de AVE e Autovías noutras Comunidades Autónomas, pero ningunha en Galicia.
De feito, o Ministerio que dirixe Magdalena Álvarez continúa empeñado en marxinar a Galicia mentres leva investido noutras Comunidades Autónomas orzamentos por valor de máis de 80.500 millóns de euros; puxo en servizo 1.121 quilómetros de novas autovías e autoestradas; máis de 326 quilómetros de liñas de AVE e iniciou obras noutros 870 km.
Gómez Alonso recordou que mentres Pérez Touriño anunciou o ano pasado que en 2007 estarían licitados ou en obras todos os tramos do eixo atlántico ferroviario, o certo é que só están en obras os tramos que enlazan Santiago coa Coruña e Fomento admitiu que non haberá Ave do Eixo Atlántico ata 2013. Pola contra, a ministra asistíu este mesmo ano ao remate das obras do Ave Córdoba-Málaga e dispons a adxudicar a conexión do aeroporto de Málaga.
Anunciouse tamén que en 2007 estarían licitados os proxectos construtivos do Ave Lubián-Ourense, pero seguen faltando catro por licitar e, a este ritmo, a obra non comezará ata 2009. Sen embargo, a Variante de Pajares do Ave entre Asturias e Madrid está en execución nun 34% e multiplicouse por 55 o esforzo investidor de Fomento.
O mesmo sucede coa Autovía do Cantábrico, que Touriño se comprometeu a ter en servizo en 2009, a pesar de que o BOE publicou investimentos plurianuais máis aló de 2010. A Vía da Plata, pola contra, xa dispón na actualidade de 8 treitos en servizo.
CÓMPLICES DA ALDRAXE
Ante a negativa dos socialistas galegos a apoiar a plasmación do acordo reiterado hoxe polo PPdeG, Gómez Alonso animou ao BNG a sumarse ao acordo, xa que, de non facelo, se converterían en cómplices da aldraxe socialista para coas grandes obras pendentes en Galicia. “Con Touriño xa sabemos que non contamos, sexa por soberbia ou pola súa impotencia para defender os interese de Galicia en Madrid”, advertiu o voceiro de Infraestruturas do PPdeG que, para superar esa eiva, convidou ao BNG a xestionar que se sumen a ese pacto aos asinantes da Declaración de Barcelona, nun intento de garantir unha maioría que tamén asegure a aprobación desta moción no Congreso e no Senado, obrigando así ao Goberno central a implicarse no desenvolvemento de Galicia.
PROPOSTA DE ACORDO
A proposta de acordo institucional Xunta-Administración Xeral do Estado proposta polo PPdeG busca asegurar a dotación, a partir de 2008, e durante os 5 anos posteriores, dunha dotación económica anual de 2.500 millóns de euros nos Orzamentos Xerais do Estado para financiar os investimentos pendentes en Galicia. Debería engadir unha cláusula de garantía que asegure a execución efectiva, no ano natural ou no seguinte, da totalidade das partidas consignadas no Presuposto. O PPdeG propón conseguir, mediante ese acordo, unha garantía de conexión das sete grandes cidades galegas con Madrid, por AVE, en menos de tres horas.
SUPERAR O TEMPO PERDIDO
Unha vez constatado que o tempo perdido desde a chegada do PSOE ao Goberno central impedirá cumprir os prazos ratificados nunha moción aprobada polo Congreso e o Senado en xuño de 2004, o PPdeG propón plasmar por escrito o compromiso de rematar as obras pendentes nos prazos que se relacionan:
Alta Velocidade Ferroviaria
AVE Eixo Atlántico: 2010
AVE Santiago-Ourense: 2010
AVE Ourense-Lugo: 2011
AVE Vigo-fronteira portuguesa 2012
AVE Vigo-Ourense (por Cerdedo): 2011
AVE Lubián-Ourense: 2011
AVE Corredor Cantábrico: 2012-2014
AVE Lugo-A Coruña: 2012-2014
AVE Ponferrada-Monforte: 2012-2014
Infraestruturas viarias
Autovía do Cantábrico: 2008-2009
Autovía Lugo-Ourense: 2010-2011
Autovía Lugo-Santiago: 2010-2011
Autovía Pontevedra-A 52: 2011-2012
Autovía Chantada-Monforte: 2011-2012
Infraestructuras portuarias
Porto Exterior da Coruña: 2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario