jueves, 1 de marzo de 2007

A AUTOVÍA PONTEVEDRA-VIGO ACUMULA UN RETRASO DE CASE TRES ANOS POLA FALLA DE INTERESE DO GOBERNO DO PSOE. VIGO QUEDA DESCOLGADO DO PROXECTO PRESENTADO

O ramal de acceso á cidade olívica está ainda en redacción do estudio informativo e terá que pasar máis dun ano para aprobar a información pública

A proposta de comezo da infraestructura no nudo do Pino supón que a entrada na cidade de Pontevedra terá un tapón maior do que existe actualmente

Mentres en Cadiz estanse a dar todos os pasos para ter unha nova ponte, en Galicia se retrasan os proxecto durante anos

Para Alonso, o que busca o Ministerio de Fomento e darlle un “balón de osíxeno a Touriño”, non dicindo a verdade os galegos, xa que autovía entre Pontevedra e Vigo non estará rematada no 2010

Os populares galegos consideran que o retraso na tramitación do novo acceso a Vigo e as variantes de Pontevedra e Redondela supón un engano aos cidadáns

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2007-. O portavoz de infraestructuras do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso, lamentou hoxe, a falla de compromiso do Ministerio de Fomento coas cidades de Vigo e Pontevedra, tras coñecer o trazado da autovía entre ambalas dúas cidades.
“Vigo queda descolgado do proxecto presentado do proxecto de trazado da nova autovía, tendo en conta que o ramal de acceso á cidade olívica está ainda en redacción do estudio informativo e terá que pasar máis dun ano para aprobar a información pública”, afirmou Alejandro Gómez Alonso.
O deputado autonómico afirma que mentres en Cadiz estanse a dar todos os pasos para ter un novo ponte gratuito –sería o segundo-, en Galicia se retrasan os proxecto e se fan por fases para intentar enganar a os cidadáns facendolles crer que estase a avanzar en prazo.
“Ademáis –engadiu- a proposta de comezo da infraestructura no nudo do Pino supón que a entrada na cidade de Pontevedra terá un tapón maior do que existe actualmente”.

RETRASOS INXUSTIFICADOS
Os populares galegos consideran que o retraso na tramitación do novo acceso a Vigo e as variantes de Pontevedra e Redondela supón un engano aos cidadáns, que ven como o goberno fai grandes anuncios pero a realidade é que vai haber un novo retraso nunha obra galega pola falla de liderazgo de Touriño.
“O Ministerio de Fomento –afirmou o portavoz do PPdeG- non cree na autovía entre Vigo e Pontevedra porque está proxectando a entrada/saida de Pontevedra nun punto inviable e que suporía maiores retencións”.
O voceiro popular lembra que para facer realidade os prazos hai que contar en primeiro lugar cunhas dotacións presupostarias suficientes, ‘algo -asegura- co que non conta Galicia, e en segundo lugar, coas tramitacións necesarias para cumplir os tempos e os prazos dos proxectos constructivos”.
Para Alonso, o que busca o Ministerio de Fomento e darlle un “balón de osíxeno a Touriño”, non dicindo a verdade os galegos, xa que autovía entre Pontevedra e Vigo non estará rematada no 2010, talcomo era o compromiso do presidente da Xunta.

No hay comentarios: