O PPdeG PIDE A CARIDE QUE PERMITA CREAR A COMISIÓN DE SEGURIDADE VIAL NO PARLAMENTO VETADA POLO PSOE
O Partido Popular de Galicia mostra a súa total preocupación polos datos feitos públicos está mañá pola Dirección Xeral de Tráfico, que mostran un notable incremento da sinistralidade na Comunidade durante o pasado mes de febreiro respecto ao mesmo mes de 2006.
O número de accidentes mortais, que case duplica ao de hai un ano, é para os populares motivo de reflexión como paso previo á toma de decisións. Neste sentido, lamentou os triunfalismos nos que caeron os responsables autonómicos en materia de seguridade viaria, á vez que recordaron a precipitada visita do ministro do Interior a Galicia hai agora un mes para enxalzar o Plan de Seguridade Viaria que deseñou Política Territorial.
NON VETAR A COMISIÓN DE SEGURIDADE VIAL
O portavoz de infraestructuras pide a Caride que permita a creación da comisión de seguridade vial no Parlamento de Galicia vetada polo PSOE e asegurou que non serán os populares os que fagan demagoxia cun tema tan serio como este “como si fixese o señor Rego na lexislatura pasada, pero si que pediremos solucións concretas de aplicación inmediata”.
O deputado popular presentará unha iniciativa no Parlamento para que a conselleira de Política Territorial explique o seu plan de acción para frear os accidentes, cuxo primeiro borrador non gustou aos populares. “O tempo está a darnos a razón; o númeo de vítimas non só non está a baixar senón que se dispara”, lamentou o portavoz popular.
SISTEMA SÓLIDO DE TRANSPORTE PÚBLICO
Os 47 falecidos en Galicia desde que comezou 2007 representan unha subida do 9,3% respecto ao mesmo período de 2006, polo que é hora de tomar medidas decididas. Por iso, o PPdeG insiste na necesidade de apostar, por exemplo, por facilitar a creación dun sistema sólido de transporte público.
Así, avogan por incrementar a dotación destinada a incrementar o uso do transporte público en Galicia en 5,7 millóns de euros, o cal podería servir para, por exemplo, pór en marcha o Noitebus, para que os mozos poidan desprazarse a lugares de lecer sen ter que utilizar o seu propio vehículo. Iso, ademais, sen prexuízo de facer renovados esforzos en pór en marcha campañas de concienciación, plans publicitarios e outro tipo de actuacións que freen a sangría de accidentes mortais que por desgraza padece a rede viaria en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario