lunes, 5 de marzo de 2007

O PPdeG PIDE A TRANSFERENCIA DA TITULARIDADE DAS AP-9 E AP-53 PARA QUE A XUNTA TRATE DIRECTAMENTE O AXUSTE DAS PEAXES COAS CONCESIONARIAS


O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que o Grupo Parlamentario Popular presentou esta maña unha Proposición Non de Lei no Parlamento para que a Xunta de Galicia reclame a transferencia da titularidade das autopistas AP-9 e AP-53. Deste modo, a Xunta poderá tratar directamente o axuste no prezo das peaxes en ambas vías coas concesionarias.

Para Núñez Feijóo, “é posible facer peaxes máis flexibles, peaxes que disminúan as fins de semana e resten accidentes os fins de semana en saídas nocturas”.

O Presidente do PPdeG considera “consitucional e razoable que sexa a Xunta quen xestione as conexións interiores entre as cidades galegas”, ao tempo que este traspaso “incrementaría o valor patrimonial de Galicia” e a o goberno galego trataría directamente futuras ampliación se novos accesos.

Núñez Feijóo recordou que o traspaso destas vías se contempla na Consitución no seu artigo 148.1.5ª –“as vías férreas e estradas de percorrido comprendido íntegramente na Comunidade Autónoma”- e se axusta ao informe que o Goberno Galego redactou para a Comisión Mixta de Transferencias o pasado 3 de novembro de 2005: “Transferencia da titularidade das autoestradas en réxime de concesión cuxo itinerario se desenvolva íntegramente no territorio da Comunidade Autónoma”. Así mesmo, esta transferencia foi plantexada polo PPdeG cando se abordou a reforma do Estatuto de Autonomía.

Por iso, o Presidente dos populares galegos afirmou que para acadar a transferencia das AP-9 e AP-53, “as Relacións Institucionais da Xunta terán, por parte do PPdeG, o apoio que non tiveron do Presidente da Xunta na reunión co Ministro a semana pasada”. Así, recordou como o Ministro de Administracións Públicas rectificou en 12 horas os acordos que o Vicepresidente da Igualdade e do Benestar anunciara ter chegado nunha reunión que se producía ao tempo que Touriño minusvaloraba no Parlamento o traspaso de competencias para Galicia.

Núñez Feijóo considera que “é lóxico que a Xunta se faga titular dunha vía pola que está pagando e pagará durante 30 anos en Rande –en referencia á AP-9- e doutra que vai facer a segunda metade –en referencia á AP-53”. Deste modo a Xunta pasaría a ser titular da conexión entre 6 das 7 cidades de Galicia.

AP-9
O traspaso da AP-9 significaría que a Xunta de Galicia pasaría a ser titular “dunha vía que une cinco das sete grandes cidades galegas” e aseguraría que o goberno galego administraría o vial unha vez rematada a concesión a Audasa. Namentres non remate esta concesión, a Xunta podería esixir directamente á empresa melloras necesarias nas súas condicións e mantemento desta vía, arredor da cal se concentra a metade da poboación de Galicia, e pola cal transitan a diario máis de 22.000 vehículos.

AP-53
No que se refire á AP-53, a Xunta pasaría a ser titular único dunha vía que da que xa é titular no seu tramo final, a futura conexión Dozón-Ourense.

No hay comentarios: