jueves, 29 de marzo de 2007

A CONSELLEIRA DE POLÍTICA TERRITORIAL BUSCA UNHA DISCULPA DE AXENDA PARA EVITAR EXPLICAR NO PARLAMENTO O PECHE DA VÍA DO SALNÉS

A conselleira de Política Territorial, que a pasada fin de semana organizou unha visita de urxencia ás obras da vía do Salnés para contraprogramar un acto do PPdeG en Vilagarcía, organizado con anterioridade, non dará explicacións no Parlamento esta semana alegando “problemas ineludibles de axenda”, segundo unha comunicación oficial remitida hoxe pola Xunta á Cámara autonómica.

O Grupo Parlamentario Popular considera que detrás da desculpa esgrimida pola conselleira de Política Territorial agóchase unha estratexia encamiñada a gañar tempo, coa esperanza de que o asunto perda actualidade, para evitar que saían á luz as numerosas eivas que presenta a xestión da Xuntan este asunto.

MÁIS DE 110.00 AFECTADOS

O voceiro de Infraestruturas do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso, pregunta á conselleira de Política Territorial qué pretende ocultar para esquivar o control do Parlamento sobre unhas obras que afectan negativamente aos máis de 110.000 habitantes da comarca. Gómez Alonso confía en que María José Caride non aposte pola mesma técnica que a conselleira de Cultura, que se nega a comparecer no Parlamento malia que sobre o seu equipo pesan probas que demostran a comisión de notables irregularidades.


PREGUNTAS SEN RESPOSTA NESTE PLENO

María José Caride evita, desde xeito, responder no Pleno do Parlamento que se inicia mañá a unha interpelación do Grupo Popular na que se lle piden explicacións sobre as declaracións nas que o presidente da Xunta considerada propio de países do terceiro mundo a utilización de tubos metálicos para a construción de viais; se a Xunta dispuxo de informes técnicos que avalaban a substitución dos tubos deteriorados sen pechar ao tráfico a Vía do Salnés; e se a Xunta prevé habilitar compensacións económicas para os concellos e sectores económicos máis afectados polo peche ao tráfico, durante varios meses, desa vía de alta capacidade.

Para os populares galegos, chama a atención que María José Caride teña problemas de axenda para responder a unha cuestión de actualidade, como o peche da vía do Salnés e, sen embargo, poda comparecer para atender unha iniciativa rexistrada en outubro de 2005.

No hay comentarios: