jueves, 29 de marzo de 2007

O PPdeG ACUSA AO DELEGADO DE MEDIO RURAL EN PONTEVEDRA DE PREOCUPARSE MÁIS DOS INTERESES ELECTORAIS MUNICIPAIS DO BNG CA DOS GANEDEIROS E AGRICULTORES

A pesar de que as comarcas do Deza e Terra de Montes se situaron entre as máis afectadas de Galicia polos incendios forestais do pasado verán (en 2006 arderon 10.154 hectáreas, cifra que sextuplica amplamente as 1.641 hectáreas afectadas nesa mesma área na campaña de 2004), ningún dos afectados percibiu aínda as indemnizacións comprometidas no seu momento pola Administración autonómica.

O deputado popular Alejandro Gómez Alonso denunciou hoxe esta situación na Comisión Institucional do Parlamento de Galicia, onde atribuíu o retraso dos pagamentos á negativa da Xunta a xestionar, para estas dúas comarcas pontevedresas, a declaración de zona catastrófica por parte do Goberno central.

Gómez Alonso culpabilizou desa negativa ao delegado provincial da Consellería de Medio Rural en Pontevedra, ao que acusou de estar máis preocupado por velar polos os intereses electorais do BNG de cara ás próximas eleccións municipais, ca en desenvolver unha xestión eficaz que redunde en beneficio dos veciños afectados polos incendios de agosto.

DOBRE PERDA PARA OS GANDEIROS

Nesta liña, o deputado popular recordou que moitos gandeiros da provincia de Pontevedra, e moi especialmente os de Cerdedo e Forcarei, se viron dobremente afectados: polas perdas ocasionadas polos incendios nas súas plantacións forestais, e polos danos ocasionados polo lume nos seus silos e pasteiros, o que, nalgúns casos, os privou de ata o 80% das reservas de forraxe para este inverno.

Gómez Alonso anunciou que vai solicitar a comparecencia parlamentaria do delegado provincial de Pontevedra para que explique, na sede lexislativa, os resultados da investigación que anunciou o pasado verán sobre a elevada incidencia dos incendios forestais, e para que presente o contido do suposto informe elaborado a tal efecto.

DERIVAR A ATENCIÓN

A xuízo do deputado popular, o anuncio dese informe constituíu unha cortina de fume para derivar a atención sobre a neglixente xestión que efectuou a Xunta dos incendios forestais na pasada campaña. Como exemplos, Gómez Alonso recordou que no distrito forestal XVI (Deza-Terra de Montes) ardeu en 2006 o 19% da superficie arborada queimada na provincia de Pontevedra e o 37% da superficie rasa calcinada na provincia. O elevado número de hectáreas queimadas en 2006 (10.154) contrasta do reducido número de incendios rexistrados (312), en comparación con outros anos, o que, en opinión do deputado, revela e neglixencia resposta dos servizos de extinción.

Na súa intervención, Gómez Alonso recordou tamén que o suceso máis luctuoso de toda a campaña de incendios do verán de 2006 nas comarcas de Deza e Terra de Montes tivo lugar a principios de agosto, cando dúas mulleres perderon a vida ao quedar atrapado o vehículo que conducían na estrada N-541.

No hay comentarios: