lunes, 30 de abril de 2007

ALEJANDRO GOMEZ ALONSO CONSIDERA QUE “CARROÑERO” É QUE OCURRAN ESTE TIPO DE ACCIDENTES POR “DESIDIA”


O voceiro de infraestructuras do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso, afirmou hoxe, ante as declaracións do portavoz do PsdeG-PSOE, Ismael Rego que, “carroñero” é que ocurran este tipo de desgracias por “desidia” e exíselle que deixe de insultar e que se adique a exisir aos seus compañeiros de partido que fagan os deberes.

O PPdeG lamentan que os socialistas lles valga calquera escusa para insultar aos populares galegos e a información suministrada hoxe polos populares son afirmacións do propio Ministerio de Fomento que recoñeceu que a supresión dos 14 pasos a nivel faríase efectiva coa construcción do AVE do Eixo Atlántico

O PAPEL O AGUANTA TODO
Gomez Alonso afirmou que, unha vez mais, o papel que escriben os socialistas aguanta todo porque o compromiso de que o AVE do Eixo Atlantico estivera no ano 2007 era un acordo de todas as forzas políticas e o feito de que o goberno socialista considere a Galicia unha comunidade “de segunda” fai que teña, alomenos un retraso de tres anos.

O PPdeG recorda que o alcalde de Valga está a espera, dende o ano 2005, da firma dun convenio co Ministerio de Fomento para a supresión dos pasos a nivel de Valga, que son os máis peligrosos no traxecto entre Vilagarcía e Padrón.

TIRAR BALÓNS FORA
Os populares galegos esperan que, tanto a Ministra de Fomento como a Conselleira de Política Territorial, dean explicacións no Congreso dos Deputados e no Parlamento de Galicia, sobre o retraso das obras do AVE e o convenio entre a Xunta e Renfe sobre a supresión dos pasos a nivel.

“Os socialistas tenos acostumados a lanzar balóns fora –engadiu-, culpar ao Partido Popular de Galicia de todo o que ocorre e non asumir xamais responsabilidades pero os galegos cada día están máis decepcionados cos socialistas e cada día os creen menos”.

No hay comentarios: