lunes, 23 de abril de 2007

GOMEZ ALONSO ACUSA A CARIDE DE “MENTIR” CANDO PROMETEU ESTUDIAR CON ACEGA A REBAIXA DA PEAXE DA AP-53 SANTIAGO-DOZÓN

En resposta a solicitude de documentación do PPdeG sobre a copia do estudio de Acega para comprobar se no tramo da autoestrada Santiago-Dozón, a reducción da peaxe conlevaria unha maior utilización do vial, a Xunta de Galicia respostou por escrito non dispor de devandito estudio.

Para o voceiro de infraestructuras do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, esta é a proba de que a conselleira de Política Territorial “mentiulle” a todolos dezanos, cando afirmou que solicitaria o devandito estudio a empresa concesionaria e que incluso a Xunta dispoñía de informes a o respecto.

CIDADANS DE OUTRO PLANETA
Para Gomez Alonso o anuncio feito polo Presidente da Xunta de suprimila peaxe de Dozón a Ourense, mantendo as mesmas tarifas para o treito que une Santiago con Lalín, e considerar aos veciños da comarca como “cidadanas doutro planeta”.

O agravio comparativo con otras comarcas de Galicia, onde a Xunta apostou pola liberacion das peaxes e a mais clara mostra de que Touriño tan so se move por intereses partidarios e electorais. O loxico e normal sería cos 7 millóns de euros que custará liberalizala peaxe de Dozon a Ourense, rebaixar nun 50% todo o trazado dende Santiago a Ourense.

OFENSIVA PARLAMENTARIA
O voceiro de Infraestructuras do Grupo Popular, espera que na vindeira comisión de obras publicas se poida debatir unha Proposicion Non de Lei para rebaixala peaxe da AP-53 e que a Comision da Rebaixa da Peaxe,na cal estan representados todos os axentes sociais e partidos políticos da comarca, coa excepcion do PSOE, sexa recibida pola Ministra de Fomento, Magdalena Alvarez.

Ademáis preguntara ao goberno galego se a politica de supresion ou rebaixa das peaxes esta condicionada ao resultado electoral que os socialistas de Galicia, obteñan nas vindeiras eleccións municipais.

VOTO DE CASTIGO PARA OS SOCIALISTAS
O voceiro popular e participe de solicitar o voto de castigo para os socialistas galegos nas vindeiras eleccións municipais, polo atropello que supón a peaxe para os veciños de Deza-Terra de Montes.

Subliña que o Ministerio de Fomento incrementou a peaxe un 38% nos ultimos tres anos e que segun as tarifas do propio Ministerio a peaxe Santiago-Lalín debería de costar 3,55 euros fronte os 4,80 actuais.

Denuncia o agravio comparativo coa AP-41 entre Madrid e Toledo, ultima autopista posta en servicio por Fomento, onde se ofrecen descontos do 50% por habituabilidade, tarifas especias reducidas en fins de semana para xovenes, xubilados e discapacitados e servicios gratuitos nos dias laborales en horario nocturno.

No hay comentarios: