O TRAZADO ALTERNATIVO PARA O AVE SANTIAGO-OURENSE NON IMPLICA NINGÚN RETRASO DADO O ESTADO ACTUAL DAS OBRAS
O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Gómez Alonso, mantén que ‘dado o estado actual de execución das obras, o trazado alternativo que defende o PPdeG e os traballadores da mina de Serrabal, non implicaría ningún retraso adicional na entrada en servizo do AVE Santiago-Ourense’.
Neste sentido, Gómez Alonso lembra que, se se analizan detalladamente os prazos establecidos das obras nos diferentes tramos do AVE Santiago-Ourense, ‘atopamos que no treito Dornelas-Vedra, cuio prazo de execución é de 38 meses, aínda non se inciaron as obras, mentres que no tramo Vedra-Boqueixón, únicamente se iniciou a construcción do viaducto de Saramo’.
SEIS MESES, NOVO TRAZADO
‘Polo tanto, e tendo en conta o estado actual destas actuacións, o cambio de trazado non conlevaría retrasos de ningún tipo xa que, en seis meses se podería aprobar outro trazado con nova declaración de impacto medio ambiental’, sostén.
Asimesmo, o voceiro popular recorda que, nunha recente comparecencia no Congreso dos Deputados, o presidente do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif), Antonio González Marín, afirmou que o cambio de trazado sería viable sempre e cando houbese un acordo do Parlamento de Galicia neste sentido ou a Xunta así o decidise.
INTERÉS PERSOAL DE TOURIÑO
Para Gómez Alonso, as explicacións dadas, onte, pola directora xeral de Transportes, Mar Chao, na Comisión de Infraestructuras, nas que xustificaba o actual trazado, non se corresponden coa realidade e ‘atenden –di- única e exclusivamente ao interés persoal do presidente da Xunta, que se nega a reclamar de Fomento a aprobación dun trazado alternativo, para evitar desairar a unha plataforma veciñal vinculada ao PSdeG e dirixida por un profesor universitario co que compartiu militancia comunista’.
O voceiro popular pide ao presidente da Xunta que deixe de manipular e enganar aos galegos con argumentos que non se axustan á verdade e lembra que o actual trazado pon en perigo a continuidade da mina de Serrabal e con elo os máis de 600 postos de traballo directos e 2.400 indirectos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario