jueves, 28 de junio de 2007

PSOE E BNG REXEITAN A POSTA EN MARCHA DUN PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO NOCTURNO NAS ZONAS OCIO PARA REDUCIR O USO DO COCHE POR PARTE DOS MOZOS


Socialistas e nacionalistas rexeitaron estar tarde, na Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento, unha proposición non de lei na que o Grupo Popular propoñía que a Xunta desenvolva e consolide, coa colaboración dos concellos, un plan de transporte público nocturno nas zonas de ocio que rexistran unha elevada afluencia de mozos.

A proposta promovida polo voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejando Gómez Alonso, defendía a posta en marcha deste plan en 2007, e con vocación de continuidade ao longo de todo o ano, máis aló da época estival, nun intento de reducir o uso de vehículos particulares e, polo tanto, poñer freo ao elevado número de accidentes de tráfico que se rexistran durante as noites das fins de semana, especialmente entre os mozos que frecuentan zonas de ocio.

Esta proposta do PPdeG enmárcase no decreto 80/2005, de 31 de marzo, aprobado polo anterior Goberno galego, polo que se regulan os servizos de transporte público aos lugares de lecer e esparexemento, en franxas horarias non atendidas polo transporte público colectivo. Previamente, un decreto do ano 1996 xa recollía a posibilidade de que os taxis poidesen prestar servizo en concellos limítrofes cunha elevada concentración de lugares de lecer.

A pesar da acollida satisfactoria que a experiencia de transporte colectivo nocturno –Noitebús-, posto en marcha pola Xunta entre o 7 de xullo e o 26 de agosto do pasado ano, tivo entre os usuarios, o Goberno bipartito preferiu ignorar esta medida, promovida polo anterior Executivo do PPdeG, e non presupostou partida económica algunha coa mesma finalidade para o ano 2007.

En todo caso, o PPdeG agarda a que se produza a comparecencia da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, no Pleno do Parlamento previsto para o próximo martes, tendo en contra a sucesión de contradicións que se están a producir entre os anuncios de María José Caride, a súa xestión á fronte dese departamento e os posicionamentos que adoptan os grupos políticos que apoian na Cámara ao Goberno bipartito.

No hay comentarios: