TOURIÑO DEBE CONSEGUIR DE SOLBES O COMPROMISO DE CONSIGNAR 2.500 MILLÓNS DE EUROS NO ANO 2008 PARA QUE O AVE CHEGUE A GALICIA NO 2012
Na entrevista que mañá vai celebrar co vicepresidente segundo do Goberno central e ministro de Economía, o presidente da Xunta terá ocasión de acreditar o compromiso estrela do seu mandato se é capaz de conseguir o que os Presupostos Xerais do Estado de 2008 comecen a consignar unha partida anual de 2.500 millóns de euros.
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe que para facer realidade o compromiso de que o Ave chegue a Galicia no ano 2012 e que as autovías proxectadas se rematen en prazo, é necesario consignar esa achega de 2.500 millóns de euros, proposta hai preto dun ano polos populares galegos e aceptada por socialistas e nacionalistas.
RECUPERAR O CONSENSO SOBRE INFRAESTRUCTURAS
Nunha rolda de prensa celebrada esta mediodía na sede do PPdeG, Núñez Feijóo convidou ao presidente da Xunta a recuperar o consenso básico entre as tres forzas políticas en materia de infraestructuras, como sucedeu durante a negociación da reforma do Estatuto á hora de fixar as necesidades de Galicia neste ámbito, e como acontecera previamente, en xuño de 2004, nas Cortes Xerais.
Zapatero veu a Galicia na campaña das autonómicas de 2005 e comprometeu o AVE para o 2010 mentres que, dous anos máis tarde, na campaña das municipais retrasou ata o ano 2012, o que significa que non fixo nada en dous anos. Recordan os populares galegos, que a última decepción e menosprexo foi a pasada semana cando o Presidente do Goberno central non adquiriu ningún compromiso con Galicia e deixou en evidencia a Touriño cando suliñou que o AVE “chegará a tempo”.
TOURIÑO, DOBREMENTE NINGUNEADO NUNHA SEMANA
Xa na entrevista celebrada onte en Madrid entre o presidente da Xunta e a ministra de Fomento, Touriño volveu ser ninguneado polo Goberno central en menos de unha semana, na medida en que Madalena Álvarez se negou a comparecer ante os medios, evitando reafirmar calquera dos anuncios efectuados durante o “monólogo” protagonizado polo titular do Executivo autonómico.
O “monólogo” de Touriño “recitado” en ausencia da ministra de Fomento acreditan que seguen sin prazo:
• Eixo Atlántico. Non dixo cando remata
• Autovía do Cantábrico. Nos dixo cando remata
• Autovías interiores. Nada sabemos
• AVE Ferrol e Lugo. Non se sabe se haberai.
• Autovía Pontevedra-Vigo. Non se sabe se chegará a Vigo
Con estes antecedentes, Núñez Feijóo considera que na entrevista que mañá celebrará con Pedro Solbes, o presidente da Xunta consumirá unha oportunidade para recuperar a credibilidade perdida na primeira metade da lexislatura logo do incumprimento sistemático dos compromisos do Estado con Galicia en materia de obras públicas.
DEFENSA DOS INTERESES DE GALICIA
O presidente dos populares galegos considera que o titular da Xunta debe actuar con fidelidade ao consenso acadado entre as forzas políticas galegas á hora de reclamar do Goberno central os recursos necesarios para executar sen demoras as obras pendentes e debe actuar con valentía na defensa dos intereses de Galicia.
No suposto de que Touriño sexa capaz de arrincar un compromiso formal do Goberno central para consignar nos Presupostos Xerais do Estado do 2008 un investimento de 2.500 millóns de euros para facer posible a chegada do Ave en 2012, Núñez Feijóo adiantou que o Presidente da Xunta terá o apoio do PPdeG e se Touriño fracasa que non conte cos populares galegos para este paripé.
No hay comentarios:
Publicar un comentario