miércoles, 8 de agosto de 2007

ZAPATERO COMPROMETE EN CATALUÑA DÍA, MES E ANO PARA O AVE A BARCELONA MENTRES QUE EN GALICIA NON TEMOS DATA NIN DE INICIO NIN DE FIN DA ALTA VELOCIDAD


O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuso hoxe, no Parlamento de Galicia, a necesidade de crear na Cámara unha Comisión de seguimento entre a Xunta e o Estado para as infraestructuras galegas.

Núñez Feijóo considera necesario o consenso das tres forzas políticas para que os Presupostos Xerais do Estado do 2008 comprometan 2.500 millóns de euros necesarios para que o AVE chegue a Galicia no ano 2012.

“Zapatero -engadiu- compromete en Cataluña día, mes e ano para o AVE a Barcelona mentres que en Galicia non temos data nin de inicio nin de fin da alta velocidade”.

OS MESMOS DEREITOS
Os populares galegos afirman que Zapatero veu a Galicia na campaña das autonómicas do 2005 e comprometeuse a que el AVE estaría no ano 2010. No ano 2007 volveu na campaña das municipais e dixo que o AVE estaría dous anos máis tarde da data que comrpometeu dous anos antes (2012). “En dous anos –dixo o Presidente do PPdeG- o goberno socialista de Madrid non fixo nada e Galicia será a última Comunidade en ter AVE coa Meseta”.

Mentras que e Galicia non existe compromiso de Zapatero, co beneplácito de Touriño, o presidente do Goberno de España viaxa a Cataluña e compromete día, mes e ano de remate do AVE con Barcelona e comprométese a anticipar 500 millóns de euros do ano 2010, mentres en Galicia non existe ningún tipo de compromiso.

Núñez Feijóo afirma que “Galicia ten os mesmos dereitos que Cataluña e non ten lóxica que en Cataluña se adianten investimentos e en Galicia se atrasen”.

SETEMBRO COMO TOPE
O PPdeG afirma que en setembro vanse decidir os investimentos do Estado en cada CC.AA. e, neste momento, nos ministerios xa están feitas as cuantías xerais e, por desgraza, os antecedentes dos investimentos do Estado en Galicia non son moi positivos.

Ademáis, nas visitas que fixo Touriño a Madrid, para reunirse coa Ministra de Fomento e co vicepresidente económicos do goberno central, ningún dos dous quixo comprometerse públicamente con investimentos para Galicia nin con prazos de inicio e fin das obras, asistindo a un “monólogo” do presidente da Xunta.

EN SETE ANOS 250 KMS ¿CANTO TARDARÁN EN 400 KMS?
Os populares galegos afirman que as obras de alta velocidade en Galicia comezaron no ano 2000 e estase a traballar en arredor de 250 quilómetros pero ainda non se rematou nin un quilómetro.

O lider dos populares galegos preguntouse que, se en sete anos ainda non se rematou nin un quilómetro de AVE ¿canto vai tardarse en facer arredor de 400 quilómetros?

No hay comentarios: