O PPDEG SOLICITA Á XUNTA QUE TOME TODAS AS MEDIDAS NECESARIAS PARA QUE GALICIA SEXA AUTOESTRADA DO MAR
Son necesarias terminais de grande capacidade e con posibilidade de xestionar grandes fluxo de mercadorías.A parálise do goberno central e a complicidade da Xunta está a facer que o porto de Vigo estea a chegar ao límite da súa capacidade operativa.O Ministerio de Fomento considera no PEIT que os portos galegos son secudarios e non inviste en nova infraestructuras viarias e ferroviarias necesarias para o seu impulso.Os populares solicitan que os proxectos virtuais dos gobernos socialista se convertan en realidades
O voceiro de infraestructuras do Partido Popular de Galicia, Alejandro Alonso, solicita á Xunta que tome todas as medidas necesarias para que Galicia estea incluida nas autoestradas do mar e que a parálise dos gobernos socialistas non den ao traste co este feito.
A clave para que un porto aspirante sexa sede das autopista do mar pase por que este conte con terminais de gran capacidade e con posibilidades de xestionar grandes fluxos de mercadorías.
Alonso recorda que para ser autoestrada do mar son imprescindibles boas conexións por tren, por autoestradas e por autovías; non se poden producir embotellamentos no porto e sobor de todo ten que mellorarse servicios como a estiba.
PARALISE DOS INVESTIMENTOS DO GOBERNO CENTRAL
O Goberno central está a relegar os portos galegos a un papel secundario e eso ven demostrado polo PEIT aprobado polo Ministerio de Fomento, así como pola falla de investimentos que está a levar adiante nos portos galegos e como exemplo está o descartar a construcción dunha liña de tren en Bouzas; do tren ao porto de Ferrol ou da falla de investimentos na autovía ao novo porto de A Coruña.
A realidade é que o porto de Vigo estase a achegar perigosamente ao límite da súa capacidade e a empresa Maersk, lider mundial en contenedores, está a deixar de operar no porto olívico.
Os populares galegos solicitan aos gobernos socialistas de Madrid e de Santiago que se deixen de presentar proxectos virtuais e invistan nos portos para que Galicia sexa autoestrada do mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario