viernes, 7 de diciembre de 2007

O PPdeG FORMULARÁ UNHA MOCIÓN DE REPROBACIÓN DA MINISTRA DE FOMENTO POR RETRASAR ATA 2020 A CHEGADA DO AVE A GALICIA

Pregunta cando tardarán en executarse os 45 quilómetros de túneles do trazado de alta velocidade entre Lubián e Ourense, tendo en conta que para furar os 28 quilómetros dos túneles do Guadarrama foron precisos 5 anos
Dos 1.687 quilómetros de liñas de alta velocidade proxectadas en Galicia, só están en servizo 53,1 kms no Eixo Atlántico, e só para circular a menos de 160 km/h , por non estar electrificados.
O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, demandou hoxe da conselleira de Política Territorial da Xunta un “alarde de lealdade dos galegos” para recoñecer que a Comunidade Autónoma non disporá de AVE en 2012 e que o remate das obras se demorará ao ano 2020, como xa recoñece abertamente a documentación oficial do Goberno central.
Gómez Alonso recordou que a proposta de reprobación da ministra de Fomento, debatida a pasada semana no Congreso, cuestionaba non só a xestión da ministra en Cataluña, senón “unha forma de entender a política, baseada no sectarismo, a mentira e o desprezo”. Por esa razón, o PPdeG anunciou que presentará no Parlamento de Galicia unha moción de reprobación da Ministra de Fomento por retrasar, polo menos ata o ano 2020, a chegada do AVE a Galicia, convertendo a esta Comunidade na última en dispoñer de alta velocidade ferroviaria de todo o Estado.

CARIDE VERSUS MAGDALENA ÁLVAREZ

O voceiro de Infraestruturas dos populares galegos advertiu, non obstante, que a conselleira galega de Política Territorial presenta notables similitudes coa ministra de Fomento, como a “prepotencia, soberbia e chulería” que caracteriza a súa actuación política. A xuízo do deputado popular, María José Caride “estase a ver no mesmo espello que Magdalena Álvarez”. “Vostede, señora Caride, aínda non está reprobada nin cesada. Tan só está suspendida; o resto é cuestión de tempo”, engadiu Gómez Alonso.
O deputado popular insistiu en que a pesar dos reiterados anuncios da Xunta, “xa ninguén cre” que o Ave galego estea rematado en 2012, máxime tendo en contra o escaso ritmo da obras, derivado da ausencia de vontade política para dotar a Galicia dunhas comunicacións ferroviarias propias do século XXI.

¿PARA CANDO OS TÚNELES ENTRE OURENSE E LUBIÁN?

O PPdeG recordou que os túneles do Guadarrama, de 28 quilómetros de lonxitude precisaron de 5 anos para ser construídos, a pesar de que o anterior Goberno central do PPdeG adxudicara conxuntamente proxecto e obra para o trazado comprendido entre Madrid e Valladolid. Con estes precedentes, Gómez Alonso preguntou á conselleira de Política Territorial canto se vai retrasar realmente a conexión por AVE entre Galicia e a Meseta, tendo con conta que arredor do 44% dos 104 quilómetros que separan Lubián de Ourense deberán discorrer a través de túneles, e que ainda non foi redactado o proxecto técnico.
Como exemplo do escaso avance das obras do Ave en Galicia, Gómez Alonso recordou que das seis liñas de alta velocidade proxectadas na Comunidade Autónoma cun trazado total de 1.687,8 quilómetros, a día de hoxe tan só están en servizo 53.1 quilómetros no eixo atlántico, pero cunha matización: os convois circulan a velocidades inferiores a 160 km/hora, por que a liña non está electrificada e, polo tanto, non se axusta ao parámetros da alta velocidade ferroviaria.
Desde 1.687,8 quilómetros, 797,1 continúan en fase de estudo; 356,5 en proxecto; 213,7 en obras na plataforma; 49,4 en obras na vía; 18,3 en obras de instalacións de seguridade; e tan só os 53,1 restantes en servizo, pero sen características AVE.

LUGO, FÓRA DO MAPA
Para ilustrar o abandono no que caeron algúns dos proxectos, Gómez Alonso referiuse á situación “lamentable” na que se atopa da cidade de Lugo en materia de comunicacións ferroviarias.
A conexión Lugo-Ourense leva 56 meses pendente de aprobar o estudo informativo; o trazado Lugo-A Coruña continúa sen estudo informativo despois de 36 meses; mentres que a conexión Ponferrada-Monforte acumula 38 meses en fase de estudo informativo sen que, desde entón, se teña rexistrado novidade algunha. “Lugo tamén existen aínda que, para vostedes, a cidade das murallas continua fóra do mapa”, aseverou Gómez Alonso.

No hay comentarios: