PSOE E BNG REXEITAN A REPROBACIÓN DA MINISTRA DE FOMENTO, PROMOVIDA POLO PPDEG CONTRA A ALDRAXE Á QUE MAGDALENA ÁLVAREZ SOMETEU A GALICIA
Mentres 15 cidades españolas terán Ave no ano 2015, Fomento trasladará a Galicia o material ferroviario desfasado que sobra en Andalucía
Gómez Alonso acusa ao BNG de traizoar a Galicia por salvar a Magdalena Álvarez “a cambio dunha mísera foto e un minuto de gloria” que relegou a Touriño ao papel de “mozo de dar tabaco”
“Magdalena nos birla e nos despreza, Zapatero asinte, Touriño traga, a conselleira paga propaganda e Quintana nos vende”. Son palabras do voceiro de infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, ao describir a actitude de socialistas e nacionalistas no Parlamento, que hoxe evitaron coa seus votos a aprobación dunha moción de reprobación da ministra de Fomento, promovida polo PPdeG para testemuñar a repulsa da sociedade galega contra a aldraxe perpetrada contra Galicia por Magdalena Álvarez nestes catro anos de lexislatura do Goberno central.
Gómez Alonso recordou que nesta lexislatura do PSOE en Madrid, o Goberno central, coa complicidade do BNG, que apoiou todos os Presupostos Xerais do Estado elaborados polo Executivo de Zapatero, deixou sen executar 2.000 millóns de euros consignados para Galicia nos sucesivos documentos orzamentarios.
De se ter investido eses cartos en Galicia, a Comunidade estaría a piques de dispoñer de Ave, ao igual que teñen agora Málaga ou Valladolid. Pola contra, a paralización das obras pendentes relega a entrada en servizo da alta velocidade ferroviaria ao horizonte do ano 2020, como xa recoñece abertamente o Goberno central.
SOBRAS DE ANDALUCÍA
“Un balanzo obxectivo da situación demostra que mentres no ano 2008, unhas 15 cidades españolas de beneficiarán do Ave, Fomento trasladará a Galicia o material ferroviario desfasado que sobra en Andalucía”, apuntou Alejandro Gómez Alonso.
Recordou o deputado popular que o Plan Galicia paralizado por Magdalena Álvarez garantía a conexión das sete grandes cidades galegas con Madrid a través de Ave, en menos de tres horas, e entre elas nunha media de 30 minutos, no ano 2010. Este plantexamento abriría a porta, definitivamente, a unha Galicia cidade única, cun sistema urbano articulado como se dunha única cidade se tratase”, explicou o deputado popular.
Sen embargo, fronte ao modelo do PP encamiñado a equilibrar o territorio e reducir as diferenzas entre as diversas áreas xeográficas, xurdiu o modelo “da ala esquerda dos hemiciclos, insolidario e xerador de desequilibrios, deseñado en función das bolsas electorais”.
TRAIZÓN AO ESPÍRITO GALEGUISTA
Gómez Alonso falou de “felonía” para referirse á actitude dos deputados do BNG, que como fixeran previamente en Madrid, tamén se opuxeron no Parlamento de Galicia á reprobación da ministra de Fomento. O deputado popular considerou que tal actitude é indigna de calquera que se defina como galeguista e traizoa o espírito de persoeiros históricos, como Otero Pedraio, Castelao, Vilar Ponte ou Suárez Picallo, que nas primeiras décadas do século pasado defenderon nas Cortes, nos anos da República, a dotación ferroviaria imprescindible para Galicia, “o mesmo que reclamamos hoxe en día”.
“Hoxe temos a certeza –aseverou Gómez Alonso- de que unha cousa é autoproclamarse herdeiro da tradición galeguista, gardián das esencias patrias, é outra ben distintas, demostralo nos momentos clave”.
MÍSERA FOTO E MINUTO DE GLORIA
Para o portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, o apoio do BNG a Magdalena Álvarez saiulle barato ao PSOE e ao Goberno central: “un acio de competencias de terceiro rango e 51 millóns que xa eran nosos”. Por iso, Gómez Alonso preguntou qué foi dos 2.000 millóns de euros non executados na Comunidade nesta lexislatura, qué foi das competencias importantes, como o tráfico, e qué foi da “dignidade de Galicia”. Pola contra, o BNG salvou Magdalena Álvarez “a cambio dunha mísera foto e un minuto de gloria” para Quintana.
Mentres isto sucedía; “a conselleira permanecía calada e pagando suplementos a esgalla; Touriño como convidado de pedra, relegado ao papel de mozo de dar tabaco; e Galicia outra volta resignada”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario