TOURIÑO ANUNCIA UN ESTUDIO DE VIABILIDADE DE CERCANÍAS QUE RENFE XA CONCLUIU DICINDO QUE NON VE VIABLE IMPLANTAR AS CERCANÍAS DE GALICIA
O PPdeG convida a Touriño a apearse do coche oficial e do luxo de Monte Pío para comprobar como xa foron eliminadas oito estacións no eixo atlántico e outras 13 desaparecerán no futuro, deixando fóra de uso arredor de 120 quilómetros de vías convencionais que poderían usarse para cercanías
Galicia non dispón de un só euro para a mellora dos seus trens interiores, mentres Andalucía disporá de 1.055 millóns de euros para infraestruturas ferroviarias en 2009
Unha vez máis, a realidade desminte ao presidente da Xunta, que esta mañá volveu mentir no Parlamento cando afirmou que se vai mellorar o tren rexional en Galicia. Mentres Touriño alardea de melloras inexistentes, tanto Renfe como o Ministerio de Fomento néganse sistematicamente a implantar servizos de cercanías ferroviarias en Galicia, e mesmo desmantelan vías convencionais, como ten sucedido en tramos do eixo atlántico que quedaron en desuso coa entrada do novo trazado de vía dobre.
O portavoz de infraestructuras do PP de Galicia dixo que “Touriño anuncia un estudio de viabilidade de cercanías que Renfe xa concluiu dicindo que non ve viable a corto prazo implantar as cercanias de Galicia. O Presidente de Renfe afirmou, o pasado 9 de outubro no Congreso dos Deputados, que “hicimos un estudio sobre las cercanías, que llegó en síntesis, a las siguientes conclusiones:....hace practicamente imposible la implantación a corto plazo de un servicio de transporte público de ferrocarril...” (axuntase Diario de sesión do 9 de outubro do Congreso dos Deputados coa pregunta do deputado nacional do PPdeG, Celso Delgado, e a contestación do presidente de RENFE)
Alejandro Gómez Alonso, insta a Touriño a apearse do coche oficial e da vida de luxos de Monte Pío para que comprobe como, a día de hoxe, xa foron eliminadas oito estacións da liña ferroviaria que comunica A Coruña con Vigo (Bregua, Queixas-Londoño, Gorgullos-Tordoia, Ordes-Pontraga, Garga-Trasmonte, Oroso-Vilacide, Berdía e Portas). Outras 13 estacións serán eliminadas no futuro. Trátase das de Vila da Igrexa, Cerceda, Osebe, A Escravitude, Pontecesures, Catoira, Portela, Pontevedra Universidade, Arcade, Cesantes, Redondela-Picota, Redondela a Chapela.
INSULTO ÁS PERSOAS QUE RECLAMAN SALVAR O TREN
Que Touriño dixese hoxe que non se levantou nin se vai levantar ningunha travesa da vía convencional é un insulto aos centros de persoas que reclaman a implantación dun servizo de cercanías ferroviarias en Galicia. Como exemplo, o PPdeG recorda que os intregrantes de Salva O Tren teñen evitado tres intentos de desmantelamento da vía en Portas e outros catro intentos de manipulación dos elementos que conforman a vía férrea.
Neste escenario, Gómez Alonso lembra que mentres Galicia dispón de “cero euros” para a mellora da rede ferroviaria convencional ou para a implantación de cercanías, Andalucía contará, no ano 2009, cunha partide de 1.055 millóns de euros para actuacións deste tipo. Máis casos: tan só o núcleo urbano de Barcelona contará, tamén no ano próximo, cunha achega de 250 millóns de euros para trens de cercanías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario