lunes, 22 de diciembre de 2008

A CONSELLEIRA DE POLÍTICA TERRITORIAL GARDA UN SILENCIO CÓMPLICE SOBRE OS CONTRATOS POLÍTICOS EFECTUADOS POR ABEL CABALLERO NO PORTO DE VIGO

O PPdeG pregunta a Caride sobre a veracidade da relación de familiares de cargos do PSOE contratados no Porto de Vigo e divulgada polos medios de comunicación

A Xunta négase informar sobre o contido dos expedientes de subvención destes contratos

A Intervención Xeral do Estado afirmou que o incremento de persoal efectuado por Abel Caballero podería dificultar o funcionamento do Porto

A conselleira de Política Territorial, María José Caride, gardou, no Parlamento, un silencio cómplice en relación coas persoas vinculadas ao PSOE vigués e contratadas por Abel Caballero, cando era presidente da Autoridade Portuaria, para traballar nesa entidade.

Ao responder, esta noite, a unha pregunta do PPdeG sobre os contratos efectuados por Abel Caballero desde o Porto de Vigo, a conselleira de Política Territorial negouse a identificar aos beneficiarios. O deputado popular Ignacio López-Chaves preguntou á conselleira se era certo que entre as persoas contratadas pola Autoridade Portuaria figuraba algún concelleiro do PSOE dun municipio próximo a Vigo; se nesa relación figuraban netos de ex senadores do PSOE, sobriños dun secretario de Estado, parentes dun delegado da Xunta, así como vellos e novos afliados do PSOE. Ricardo Varela tamén evitou responder se foron contratados fillos de concelleiras do PSOE en Vigo.

A pesar das insistentes peticións do Grupo Popular, a conselleira negouse tamén a informar sobre o contido dos expediente das subvencións outorgadas pola Xunta á Autoridade Portuaria para financiar esas contratacións, malia que tales documentos deberían conservarse nos arquivos da Administración autonómica.

A Xunta de Galicia financiou, durante 2007, a contratación de 73 persoas por parte da Autoridade Portuaria de Vigo, a pesar de que a Intervención Xeral do Estado, na súa auditoría do ano 2006, xa puxera en dúbida esa ampliación do cadro de persoal, advertindo que, de materializarse, “incluso podería chegar a dificultar o seu funcionamento” (páxina 14 da auditoría).

“Estamos ante unha mentira máis sobre a utilización partidista do Porto de Vigo e por iso o presidente da institución se nega a facilitar copia dos contratos, que oculta ao Parlamento de Galicia e ao Congreso dos Deputados”, afirmou López-Chaves. O deputado popular recorda o cambio de criterio operado no Porto de Vigo en relación con este asunto, xa que mentres nun primeiro momento afirmou que entregaría copia dese contratos ao PPdeG, unha semana despois dese anuncio negouse a facilitar tal documentación.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Alejandro, si quieres montar una revolución por no ir en puestos de salida cuenta conmigo!

Anónimo dijo...

te hicieron la camita

Anónimo dijo...

El presidente del PP gallego y candidato a la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunció hoy que DIMITIRA al frente del PPdeG si pierde las próximas elecciones autonómicas del 1 de marzo porque, según argumentó, "no podría ser presidente de la Xunta perdiendo las elecciones igual que no podría ser presidente del PP gallego habiendo perdido".

El PPdeG se acerca al abismo:

-canidato perdedor dos veces

-dimisión del lider

-partido descabezado

-luchas encarnizadas entre las diversas familias para hacerse con el poder en el partido...