“A XOIA DA COROA DO GOBERNO GALEGO TEN QUE PEDIR DISCULPAS POR ESTE PERÍODO DE INUTILIDADE, INEPTITUDE E A UTILIZACIÓN DO PODER DE XEITO PARTIDARIO”
“Para o PSOE as autovías e o AVE sempre remataron en Valladolid e cando a Sra. Magdalena Álvarez chegou ao goberno o capítulo de inversión dos presupostos representaba 2,02% do PIB e agora descendeu ata o 1,58 (ano 2007)”
“Nos se pode xerar confianza nun país cando mais de 376 kilómetros acumulan un retraso medio de 27.7 meses o que supón un investimento superior aos 1000 millón de euros”
O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular Gómez Alonso indicou hoxe no Parlamento que a Conselleira de Política Territorial compareceu para “facerlle un lavado de cara ao bigoberno no tocante á política de infraestruturas erixíndose a xoia da coroa do goberno galego pero o que debería facer é pedir perdón por estes catro anos que pasarán a historia como un período de inutilidade, ineptitude, inxustiza e da utilización do poder de xeito partidario”.
Para o deputado popular a dilapación do traballo dos gobernos populares tivo lugar porque “para o PSOE as autovías e o AVE sempre remataron en Valladolid”. Indicou que cando a Ministra de Fomento chegou ao goberno o capítulo de inversión representaba o 2,02% do PIB (2004) e agora descendeu ata o 1,58% (2007). “De terse mantido o ritmo inversor dos gobernos do PP tódalas actuacións en materia de autoestradas, autovías e en alta velocidade ferrorivaria atoparíanse en servizo no ano 2010, incluídas as infraestruturas galegas ”.
RETRASO DE PRETO DE 28 MESES EN MAIS DE 376 KMS
Gómez Alonso indicou na súa intervención que non se pode xerar confianza nun país cando mais de 376 kilómetros acumulan un retraso medio de 27.7 meses o que supón un investimento superior aos 1000 millóns de euros:
Para o deputado popular os orzamentos carecen de credibilidade xá que a maior parte dos investimentos quedan adiados para o ano 2010 e seguintes e ao remate desta lexislatura tan só haberá 142,6 km de vías de alta capacidade en servizo de proxectos que o PPdeG deixou licitados ou en obras no ano 2005.Deste xeito nomeou a autoestrada de Santo Domingo-Ourense (licitada no 2005), autovía do Salnés (adxudicada no 2005), autovía Santiago-Brión (adxudicada no 2005), autovía Santiago-Ponteveda (no 2005 en obras en dúas fases), Nadela-Sarria (no 2005 en obras) e autovía do Barbanza (no 2005 pendente de execución).
O ULTIMO ANO DO PPDEG MOSTRA A INCAPACIDADE DE CARIDE
O deputado popular indicou que no derradeito orzamento da etapa de Núñez Feijoo ao fronte da Consellería de Política Territorial o programa de estradas incrementouse nun 166% respecto dos dous anos anteriores. Este incremento permitía licitar ou executar 196,9 km de autovías e autoestradas, 258,5 km de vías rápidas ou corredores (incluídos os 27 de Sarria-Nadela) e 652,6 km de estradas convencionais.
“O que fixo a Sra. Caride con esa herdanza foi dilapidala, paralizalo todo e retrasalo todo e pasará a historia como a mellor contadora de contos orzamentarios e a peor conselleira de infraestruturas de Galicia” indicou Gómez Alonso.
O deputado popular preguntouse como pode anunciar que vai dinamizar a economía galega a través da licitación de obra pública se os orzamentos que se aprobaron onte o crecemento dos investimentos foi o mais baixo e medra 4 veces menos que nos últimos orzamentos do PPdeG (6,13% fronte a 28,3%). Engadiu que pouca confianza poden xerar uns orzamentos onde o 20% das súas partidas están sen concretar, é dicir, son xenéricas, reflexando tamén unha falla de transparencia e rigor.
SEN INVESTIR 14.200 MILLÓNS EUROS NA PASADA LEXISLATURA
Gómez Alonso indicou que na pasada lexislatura no Estado deixáronse de investir 14200 millóns de euros en infraestruturas, o equivalente a un ano enteiro de inversión e a 340.000 empregos directos na construción. Así en Galicia os prazos anunciados e comprometidos no Plan Galicia estábanse a cumprir:
Autovía do Cantábrico: tres treitos xa estaban en execución, 6 treitos en redacción de proxecto e os 5 restantes en licitación de proxecto
As autovías de conexión co aeroporto de Santiago e o Porto da Coruña estaban xa en execución
Nas autovías Santiago-Lugo e Ourense-Lugo tiñan rematado o trámite de información pública
As novas autovías Pontevedra A-52 e Chantada-Monforte estaban en redacción do estudio informativo
As obras do Porto Exterior estaban licitadas no BOE do 25/2/2004
Ante esto o que fixo Magdalena Álvarez no seu primeiro ano da lexislatura socialista foi que as licitacións e as adxudicacións de Fomento en Galicia tan só supuñan o 1% do total e o 99% restante destinouse o Levante, Andalucía e Cataluña e comprometía cofinanciación do metro de Sevilla, Málaga e Granada. “O importe total das paralizacións superaba xa os 323 millóns de euros sepultando o Plan Galicia, o AVE e as autovías galegas matando todas as esperanzas de desenvolvemento económico a curto prazo desta terra” indicou Gómez Alonso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario