O PPdeG DENUNCIA QUE OS ORZAMENTOS POLÍTICA TERRITORIAL DE 2009, “NON SON MÁIS CA CONTOS” QUE RETRASAN ATA 2012 A MAIOR PARTE DAS OBRAS PREVISTAS
•O Grupo Popular insta a Quintana explicar cómo pretende afrontar o rescate da concesión da AP-9 e recorda que BNG e PSOE rexeitaron a proposta do PPdeG para que a Comunidade Autónoma asumise a titularidade da autoestrada
•Esixe a Caride que explique se é certo que Vigo non vai dispoñer de AVE por Cerdedo, como ten desvelado a Asociación de peritos e enxeñeiros de Galicia citando fontes das obras
•O 20% das partidas presupostarias de Política Territorial teñen carácter xenérico, sen concretar o seu destino final
•O PPdeG formulou emendas valoradas en 206,4 millóns de euros para mellorar os presupostos de Política Territorial de 2009, pero foron rexeitadas pola intransixencia do bipartito
•As principais demandas do PPdeG céntranse en mellorar as comunicacións ferroviarias, impulsar os proxectos de metro lixeiro da Coruña, Vigo e Santiago, establecer un fondo de compensación de peaxes e mellora a seguridade viaria con medidas como a instalación de biondas de dobre protección para motoristas
“As súas contas non son máis ca contos, pero contos cada vez peor contados que lle están a xerar problemas en moitos puntos do territorio galego”. Esta foi a conclusión do portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, no debate final dos orzamentos da Consellería de Política Territorial, este mediodía no Parlamento, onde cuestionou que a Xunta retrase ata o ano 2012 e seguintes o remate da maior parte das obras públicas que están en execución en Galicia neste momento.
Para o deputado popular, os debatidos hoxe serán os últimos presupostos elaborados por María José Caride e o seu equipo, aos que reprochou que teñan feito desaparecer o Plan de Infraestruturas do Transporte (PITGAL) das contas públicas autonómicas de 2009, que non consignan as partidas precisas para rematalo, “seguramente porque nunca se escomezou”.
QUINTANA DEBE EXPLICARSE
O voceiro de Infraaestructuras do Grupo Popular instou a Quintana explicar cómo pretende afrontar o rescate da concesión da AP-9, anunciado onte, e acusou aos nacionalistas de promover unha proposta contraditoria. Gómez Alonso recordou que tanto PSOE como BNG rexeitaron, na actual lexislatura, a proposta do PPdeG para que a Comunidade Autónoma asumise a titularidade das autoestradas que discorren por territorio galego.
De terse materializado a iniciativa do PPdeG, a Xunta podería ter influído na recente adquisición efectuada por Citigroup, condicionando a operación á ampliación de Rande e dos tramos máis saturados da principal autoestrada de Galicia.
¿QUEDARÁ VIGO SEN AVE POR CERDEDO?
Na mesma intervención, Gómez Alonso recordou que a Asociación profesional de peritos e enxeñeiros de Galicia ten advertido recentemente que a conexión de Vigo con Madrid por AVE se efectuará a través de Santiago, e non antes do ano 2013. Alertan tamén, citando fontes de profesionais que traballan nas obras, que a día de hoxe, non existen garantías de que a conexión directa Vigo-Ourense, por Cerdedo, se vaia construír nun horizonte inmediato.
Ante a gravidade desas afirmacións, Gómez Alonso instou á conselleira a confirmar ou desmentir tales informacións, dado que privar a Vigo do AVE por Cercedo sitúa á cidade nun escenario pouco competitivo.
CONTRADICCIÓN CO PLAN VIGO ÍNTEGRA
Confuso é tamén o tratamento presupostario que recibe o tan cuestionado Plan Vigo Íntegra, que malia ser defendido contra vento e marea pola conselleira Caride, tan só conta con partidas valoradas en 12,4 millóns de euros, malia que, para cumprir as previsións oficiais, precisaría dunha achega conxunta da Xunta e de Fomento de 166 M€ en 2009. Os datos revelan que a Xunta orzamentou un 90% menos do acordado inicialmente.
Os incumprimentos esténdense a todos os ámbitos nos que Política Territorial ten competencias. Para o Plan de Seguridade Viaria 2006-2010, cunha previsión inicial de investimento de 2.800M€, Política Territorial consigna só o 6,4% da partida que lle correspondería no vindeiro exercicio. Para superar esas carencias, o PPdeG formulou emendas por valor de 18,2 millóns de euros, dos que 14,3M€ irían destinados á instalación de elementos de protección para motoristas –dobres biondas- na rede viaria galega.
O deputado popular tamén cuestionou que, nun escenario de crise económica como o actual, no que a obra pública pode reactivar a economía, os investimentos de Política Territorial de 2009 medran tan só un modesto 3,3%, mentres que os gastos de persoal dese departamento se incrementan nun 14,81% desde 2006.
A credibilidade dos orzamentos de Política Territorial tamén queda en entredito polo feito de que o 20% das partidas figuran de xeito xenérico, sen concretar o seu destino final.
RETRASOS NAS OBRAS PÚBLICAS
Respecto á xestión da Consellería, Gómez Alonso preguntou qué confianza pode xerar Política Territorial cando os máis de 376 quilómetros de vías públicas en execución acumulan un retraso medio de 27,7 meses, o que significa que a inmensa maioría dos proxectos que se atopan en fase de construción non rematarán, no mellor dos casos, ata o ano 2012 e seguintes.
“A conclusión é ben clara: a nosa rede viaria segue estancada; os nosos grandes proxectos construtivos atópanse retrasados ou paralizados: Señora Caride: malgastou a herdanza do Partido Popular”, concluíu Gómez Alonso.
SEN ATENCIÓN A ASPECTOS ESENCIAIS
Malia as notables carencias dos orzamentos de Política Territorial do ano 2009, que non dedican a atención necesaria a aspectos esenciais como a execución das grandes obras públicas pendentes, a seguridade viaria, o impulso do transporte marítimo, metropolitano e ferroviario, o apoio aos concellos en materia urbanística ou as obras precisas para un axeitado acondicionamento e mellora da rede de estradas de titularidade autónoma, o Bipartito fixo caso omiso das emendas formuladas polo PPdeG coa intención de corrixir esas carencias e que, no seu conxunto, suporían partidas adicionais por valor de 206,4 millóns de euros.
De seguido, acompáñase un resumo dos grupo de emendas formuladas polo grupo Popular:
Concepto Incremento proposto (€)
• Impulso das grandes Infraestruturas 81.300.000
• Fondo de Compensación de peaxes 10.000.000
• Plans sectoriais e mellora da mobilidade 1.825.000
• Proxectos metro lixeiro A Coruña, Vigo e Santiago 1.684.546
• Transporte marítimo e metropolitano 6.600.000
• Impulso do transporte ferroviario 9.500.000
• Portos de Galicia 11.899.899
• Apio aos concellos en materia de urbanismo 1.831.001
• Obras en materia de urbanismo 1.800.000
• Estudos e proxectos urbanismo 1.060.000
• Estudos e proxectos en materia de estradas 4.181.000
• Obras de urbanización e humanización 11.280.000
• Mellora da Seguridade vial 18.250.000
• Acondicionamento e mellora da rede viaria 44.251.546
No hay comentarios:
Publicar un comentario