O PPdeG SINALA QUE PARA REMATAR AS OBRAS AO EIXO ATLÁNTICO E COMPLETAR O AVE CON MADRID AÍNDA RESTAN POR CONSIGNAR 5.300 MILLÓNS DE EUROS
•A Memoria económica do ADIF acredita as reiteradas denuncias efectuadas polo PPdeG para poñer de manifesto que o Goberno central non executa os presupostos destinados á obra pública en Galicia
•Gómez Alonso acusa a Touriño de padecer un “síndrome de inferioridade” que lle impide enfrontarse á ministra de Fomento en defensa do AVE galego
Rematar as obras ao Eixo Atlántico de Alta velocidade e executar a conexión desta vía con Madrid a través do AVE require aínda un investimento adicional de 5.375 millóns de euros, segundo os cálculos efectuados polo PPdeG.
Alejandro Gómez Alonso, voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, á vista destes datos, e tendo en conta os escasos orzamentos consignados cada ano por Fomento a estas obras e a baixa execución destes presupostos, conclúe que resulta imposible que se cumpran as promesas oficiais de rematar as obras do AVE galego ano 2012.
MOITOS TRAMOS SEN INICIAR AS OBRAS SIQUERA
O deputado popular apunta que tan só as obras sen iniciar para conectar a Galicia coa Meseta a través do AVE necesitan dun investimento de 4.401 millóns de euros, cos que financiar as conexións Ourense-Vigo por Cercedo, Lubián-Ourense e Zamora-Lubián, como pode comprobarse no cadro que se axunta.
Simultaneamente, rematar as obras do AVE do Eixo Atlántico precisa aínda dun esforzo investidor adicional cifrado en 974 millóns de euros. Con esta suma, haberá que executar o enlace entre Vigo e a Fronteira portuguesa, pero tamén as conexións Uxes-Betanzos e Betanzos-Ferrol, todas elas sen iniciar sequera.
LIÑA MADRID-GALICIA (94.7 KM EN OBRAS)
(MADRID-OURENSE/ OURENSE-SANTIAGO/ OURENSE-VIGO)
LONXITUDE: 472.8 KM
CUSTE: 6.986 M€.
TREITOS EN OBRAS/ INVESTIMENTO TOTAL:
Ourense-Santiago: 85,3 km/ 1841 M€
Olmedo-Zamora: 92 km/ 708 M€
TREITOS SEN INCIAR/ CUSTE-INVESTIMENTO:
Ourense-Vigo por Cerdedo: 59,6 km/ 1456 M€
Lubian-Ourense: 104 km/ 1800 M€
Zamora-Lubian: 130 km/ 1145 M€
TOTAL: 293.6 km/ 4401 M€
LIÑA EIXO ATLANTICO
LONXITUDE: 237,7 KM
CUSTE: 2.802 M€.
TREITOS EN OBRAS/ INVESTIMENTO TOTAL:
Vigo-Pontevedra: 27,7 km/ 505 M€
Pontevedra-Santiago: 67,1 km/ 848 M€
Santiago- A Coruña: 64,1 km/ 640 M€
TREITOS SEN INICIAR/ CUSTE-INVESTIMENTO:
Frontera Portugal-Vigo: 24 km/ 394 M€
Uxes-Betanzos: 21,3 km/ 220 M€
Betanzos-Ferrol: 36 km/ 360 M€
TOTAL: 81.3 km/ 974 M€
INVESTIMENTO TOTAL PRECISO: 5.315 M€
O ADIF CONFIRMA AS DENUNCIAS DO PPdeG
Simultaneamente, Gómez Alonso agrega que a memoria económica do ADIF de 2007, unha publicación oficial, acredita a denuncia que o PPdeG leva moito tempo denunciando: que o Goberno central non executa os orzamentos que programa para Galicia. Ata tal punto foi así que na pasada lexislatura, o Executivo de Zapatero desviou a outras comunidades arredor de 2.000 millóns de euros presupostados inicialmente para Galicia.
Cómpre, polo tanto, en opinión do PPdeG, un compromiso expreso do Goberno central para que invista en Galicia ata o último céntimo das cifras presupostadas e de non facelo no correspondente exercicio orzamentario, que esa cantidade se acumule ao ano seguinte. “De pouco nos sirve que nos asignen cifras millonarias se despois se destinan a outras Comunidades”, lamenta o deputado popular.
“A pasividade e a compracencia do señor Touriño, afectado por un síndrome de inferioridade ante a ministra de Fomento, ten moito que ver con esta situación, xa que non é capaz de defender e conseguir os recursos que precisa o AVE galego”, conclúe Gómez Alonso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario