TOURIÑO DESVÍA A ATENCIÓN CON ANUNCIOS VIRTUAIS EN RANDE PARA DESVIAR A ATENCIÓN DA PARALISE DA AUTOVÍA VIGO-PONTEVEDRA
O portavoz de infraestructuras do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso, esixe ao presidente da Xunta que deixe de efectuar anuncios virtuais, como o da Ponte de Rande, e que, de unha vez por todas, se comprometa coas súas propias promesas e poña en marcha a construción da autovía Vigo-Pontevedra, que está paralizada e podería desconxestionar os accesos á cidade olívica e fluidificar o tráfico rodado en toda esa zona.
Alonso advirte a Touriño que os afectados pola saturación da Ponte de Rande –que se encamiña ao colapso a curto prazo- non lle perdorán unha nova tomadura de pelo, para desviar a atención dos compromisos adquiridos e incumplidos, que era a construción dunha autovía gratuíta entre Vigo e Pontevedra, con independencia dos proxectos que puideran valorarse para un novo viaduto entre as dúas marxes da ría.
Nesta liña, o PPdeG adianta que no marco dunha campaña electoral plagada de anuncios virtuais que sabe non vai cumprir, so falta que Touriño presente nos vindeiros días, con Abel Caballero, unha maqueta, tamén virtual, ás que nos ten acostumbradas o candidato do PSOE en Vigo.
¿DESENTÉNDESE TOURIÑO DAS PROMESAS DE CABALLERO?
Co AVE paralizado e a construción dunha autovía entre Pontevedra e Vigo en fase de eliminación, o PPdeG pregunta a Touriño se comparte o criterio expresado onte pola ministra de Fomento, que se desentendeu completamente do compromiso do PSOE en relación coa chegada da alta velocidade ferroviaria á cidade olívica e afirmou que non se sentía obrigada por unha “cuestión” persoal do candidato socialista á Alcaldía de Vigo.
CÁDIZ CON 2ª PONTE E VIGO QUEDA SEN AVE E AUTOVÍA
Os populares galegos convidan a Touriño a comparar o trato que os seus compañeiros socialistas están a dispensar a cidades como Cádiz e a Vigo, afectadas as dúas por graves problemas de acceso viario.
Mentres o Ministerio de Fomento iniciará a próxima semana a construción da segunda ponte sobre a bahía de Cádiz –que estará lista en 2010, contará cun investimento de 272 millóns de euros e xerará arredor de 500 empregos-, o departamento que dirixe Magdalena Álvarez –compañeira de partido de Touriño e de Abel Caballero- deulle as costas á cidade de Vigo, castigándoa sen AVE e sen autovía de Pontevedra, coa compracencia do presidente da Xunta e do candidato do PSOE á Alcaldía da cidade.
1 comentario:
las mayusculas en internet SON GRITOS, por favor no grites.
Publicar un comentario