CARIDE MINTE AO AFIRMAR QUE NON PODE REBAIXAR A PEAXE DA AP-53 E DISPÓN DE ANTECEDENTES QUE ACREDITAN A VIABILIDADE DA PROPOSTA
A conselleira de Política Territorial, María José Caride, minte á totalidade dos usuarios da autoestrada AP-53 cando afirma que carece de fórmulas para presionar á empresa concesionaria e tratar de reducir o importe da peaxe, xa que no propio departamento que dirixe dispón de antecedentes que acreditan a viabilidade da proposta, reclamada unanimemente polos habitantes da comarca do Deza, os máis prexudicados por unhas tarifas que superan á media deste tipo de vías.
O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, recorda que, en datas recente, a propia conselleira anunciou que o trazado de dous quilómetros de uso compartido para a AP-53 (no tramo máis próximo a Compostela) e a futura autovía que unirá Santiago con Cacheiras, será de balde. A xuízo de Gómez Alonso, se a Xunta ten capacidade para facer gratuíta unha parte do traxado da autovía, “máis doado debería resultar rebaixar o importe da peaxe para o conxunto dos usuarios da autoestrada”.
RENEGOCIAR A DEVOLUCION DO PRÉSTAMO PARTICIPATIVO
Como fórmula alternativa, Gómez Alonso propón unha negociación da Xunta co Ministerio de Fomento para que o Goberno central reformule as condicións do préstamos participativo que permitiu a construción da autoestrada e que Acega –a empresa concesionaria- debe comezar a reembolsar en 2007 con cargo aos beneficios obtidos. Para os populares, unha redistribución do reintegro do préstamo é perfectamente posible sempre que Xunta e Goberno central teñan vontade de atender as demandas de redución das tarifas plantexadas polos usuarios.
En todo caso, os populares entenden que unha rebaixa da peaxe traduciríase nun incremento do número dos usuarios, polo que os ingresos finais da concesionaria non só non se verían reducidos senón que, incluso, se poderían incrementar ao remate de cada exercicio.
Gómez Alonso esixe á conselleira de Política Territorial que explique cales son as verdadeiras razóns que a levan a “empecinarse en maltratar á comarca do Deza”, negándose a negociar unha rebaixa das tarifas e acúsaa de utilizar este asunto como arma política para chantaxear aos concellos en vésperas das Eleccións Municipais.
Neste contexto, Gómez Alonso recorda que os grupos políticos que apoian ao Goberno bipartito –PSOE e BNG- impediron incluír na orde do día da última Comisión de Obras Públicas celebrada no Parlamento de Galicia, a pasada semana, unha proposición non de lei na que o PPdeG reclama unha redución das tarifas. Trataban e conseguiron, unha vez máis, gañar tempo para evitar votar en contra dunha medida impopular a escasas datas das Eleccións Municipais, agrega o deputado popular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario