jueves, 7 de junio de 2007

FOMENTO CORRIXE OS PRAZOS DE ZAPATERO PARA O AVE VIGO-OURENSE, QUE TARDARÁ MÁIS DE UN ANO EN TER O O ESTUDO INFORMATIVO PREVIO Á LICITACIÓN DAS OBRAS


O anuncio de licitación dos catro últimos subtramos do trazado Lubián-Ourense da conexión ferroviaria de alta velocidade entre Galicia e a Meseta, efectuado onte polo Ministerio de Fomento, desautoriza a recente promesa de Rodríguez Zapatero de conectar Vigo con Madrid por AVE no ano 2012.

O voceiro de Infraestructuras do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, subliña que a licitación efectuada onte evidencia o notable retraso que acumula a tramitación do AVE Vigo-Ourense respecto ao trazado Lubián-Ourense, que aínda así tamén se está a executar con retraso sobre as previsións iniciais.

No caso dos catro subtramos do AVE Lubián-Ourense, licitados onte, Fomento xa aprobara estudo informativo hai máis de un ano. Mentres, o estudo informativo do Ave Vigo-Ourense, iniciado hai 38 meses, non será aprobado, no mellor dos casos, ata setembro de 2008, no suposto de que poda ser exposto ao público o próximo verán

Deste xeito, unha vez efectuada a licitación e a redacción do proxecto construtivo, as obras non poderán adxudicarse antes do outono de 2010. A duración das obras, estimada nun mínimo de catro anos se non xurden contratempos adicionais, e un ano máis para a electrificación da vía, sitúa a posta en marcha desta conexión, no mellor dos casos, para os anos 2015 ou 2016.

Para o deputado popular, a licitación divulgada onte polo departamento que dirixe Magdalena Álvarez desautoriza claramente o anuncio efectuado polo presidente do Goberno, Rodríguez Zapatero, no acto electoral que protagonizou en Vigo o pasado 6 de maio, no que anunciou que a conexión por AVE con Madrid sería unha realidade no ano 2012.

“No mitin das Travesas, Zapatero mentiu aos vigueses comprometendo un prazo que sabía é irrealizable para a chegada do AVE á cidade; mágoa que as mentiras sexan o soporte principal de todo o programa electoral co que Abel Caballero concorre ás Eleccións municipais”, agrega Gómez Alonso.

1 comentario:

Anónimo dijo...

soy votante del PP y ¡menudo rollo de página!