TOURIÑO SEGUE CO SEU MONÓLOGO SOBRE O AVE E A MINISTRA DE FOMENTO NÉGASE A COMPROMETERSE PÚBLICAMENTE DELANTE DO PRESIDENTE DA XUNTA
REMATARÁ A LEXISLATURA SOCIALISTA SEN COMEZAR UNHA NOVA INFRAESTRUCTURA PARA GALICIA
• Touriño ven de confirmar que Galicia non terá AVE coa Meseta ata o ano 2015-20
• O AVE entre Vigo e Ourense leva paralizado dende a chegada do goberno socialista ao Ministerio de Fomento
• A autovía entre Vigo e Pontevedra segue sen estar conectada coa cidade olívica
• Sen data para o remate da autovía do Cantábrico e o Eixo Atlántico
• Ningún compromiso no AVE de Lugo e Ferrol
O portavoz de infraestructuras do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso, afirmou hoxe que “Touriño segue co seu monólogo sobre o AVE e a Ministra de Fomento négase a comprometerse públicamente diante do Presidente da Xunta”
“Lamento que da reunión mantida hoxe, entre o Presidente da Xunta e a Ministra de Fomento, so se pode confirmar que a Ministra de Fomento foi sincera, cando calificou o desenvolvemento de Galicia como o Plan Galicia de mier... e non fixo nada. Ven a Galicia e non quere dar datas e o Presidente da Xunta se despraza a Madrid e Magdalena Álvarez non quere comparecer públicamente para non comprometerse”, afirmou Alejandro Gómez.
O voceiro popular galego en materia de infraestructucturas engadiu que “Touriño podía quedar no seu despacho e aforrarse o diñeiro do avión que colleu esta mañá, so tiña que descolgar o teléfono e facer declaracións públicas seguindo co seu monólogo. É decepcionante que o Presidente de todos os galegos deixe a Galicia na segunda división nas infraestructuras porque sabe que rematará a lexislatura socialista sen comezar unha nova infraestructura para Galicia”.
AVE DA MESETA. NADA NOVO
O Ministerio de Fomento tivo paralizados durante máis de dous anos as obras entre Medina e Galicia e, a día de hoxe, ainda só está autorizada a licitación de algún dos tramos.
O voceiro de infraestructiuras afirmou que “Touriño ven de confirmar que Galicia non terá AVE coa Meseta ata o ano 2015-20”. Touriño se autodenominó “garante do Plan Galicia” e xa non ten credibilidade porque o seu monólogo non ten valor: nada do que dí se cumpre. Primeiro falo que o AVE estaría no ano 2009, logo no 2010, hoxe nos dice que no 2012 e, o ano que ven dirá que no 2013, cada ano que pasa suma un ano máis de retraso.
AVE OURENSE-VIGO. SEN NOVEDADE
O AVE entre Ourense e Vigo leva na mesma situación dende que o goberno socialista chegou a Madrid, o que supón que leva paralizado dende hai case catro anos.
“O presidente da Xunta –afirmou Gómez Alonso- leva dende o mes de xaneiro afirmando que o AVE entre Vigo e Ourense vai sair a informacion pública no verán e, a realidade e que leva paralizado dende hai casi catro anos”.
SEN DATA DE FINALIZACIÓN
Touriño ha pasado de “estarán canto antes” a van a “bo ritmo”, cando as obras da autovía do Cantábrico tiñan que estar rematadas na súa totalidade o vindeiro ano e, hoxe non deu ningunha data de remate.
Para o Presidente da Xunta o eixo vertebrador do Eixo Atlántico non foi tema de conversa coa ministra. O resumen é que o AVE entre A Coruña e Vigo non ten data de finalizacion.
RESTO DO PLAN GALICIA. SEN DATA E ANULADAS
O Presidente da Xunta esqueceu na súa reunión:
- as obras da autovía entre Pontevedra e Vigo, fundamental para que a cidade olivica non teña colapsados os seus accesos a partires do ano 2010; segue sen conectar con Vigo
- a autovía Santiago-Lugo, que xa tiña que ter comezadas as obras non ten novidades
- as autovías interiores de Ourense: sen datas
- os AVEs de Lugo e Ferrol, o Cantábrico e o de Monforte: confirmación de que non se van executar
4 comentarios:
menudo rollazo de blog, de lo pero que hay
esto es una blog o un periódico????????
Señor anónimo esto es un blog comprometido con nuestra tierra, nuestro progreso y nuestros derechos como españoles y ciudadanos. El principio constitucional de igualdad de todos los españoles se ve ultrjado día a día por este gobierno despótico que lo único qhe hace es favorecer a ccaa cuyo progreso supera incluso a varias ccaa juntas, véase cataluña, ¿pero en dónde está Galicia?. Según el presidente del gobierno el AVE llegará a tiempo, sin compromiso alguno de fechas o tiempos, es un ejemplo más de que la falta de Aznar y Cascos se echa en falta por Galicia, enhorabuena por concretar tanto en la desaparecida gestión del gobierno para con Galicia. Saludos Alejandro.
El pasado martes se pudieron escuchar palabras deplorables por parte de Iria Aboi contra aquellos jóvenes que estuvimos en la ofrenda floral aos nosos devanceiros, le dejé una buena contestación a la chica en mi blog, os invito a pasar. Saludos.
Publicar un comentario