O PPdeG PROPÓN ANULAR O ESTUDIO SOBRE A AUTOVÍA VIGO-PORRIÑO E MELLORAR A CIRCULACIÓN NA ZONA ELIMINANDO A PEAXE DE DEVANDITO TRAMO NA AP-9
• O custo da autovía e o prexuízo económico que esta xeraría (150 millóns de euros) é moito maior ao que suporía suprimir a peaxe entre Vigo e Porriño: 100 millóns de euros nos próximos 40 anos.
• Os populares estiman que construír novas infraestruturas no municipio de Mos é prexudicial para unha localidade que ten o 22% do territorio non edificable e que podería ter ata o 28% do chan vinculado a infraestruturas.
• Gómez Alonso recorda que a iniciativa que defenden os populares, baseada en liberar a peaxe da AP-9 entre Puxeiros e Porriño, foi apoiada no seu momento polos concellos de Mos e Porriño, a Confederación de Empresarios de Pontevedra e contaba co apoio do anterior goberno de Vigo.
• O portavoz popular recorda que as intencións de Fomento son contrarias á mellora do tráfico na zona: nin facilita o acceso a Vigo, nin enlaza coas infraestruturas xa existentes, nin ten saída aos polígonos da zona.
O PP de Galicia presentará proximamente no Parlamento galego unha iniciativa instando á Xunta a que se sitúe en contra da AV-80 que pretende construír Fomento para unir Vigo e Porriño. O portavoz de Infraestruturas do PPdeG, Gómez Alonso, recordou que a proposta non solucionará os problemas de seguridade e circulación que sofre a A-55 no seu paso por Mos, polo que haberá que buscar alternativas mellores, e que non lastren o correcto funcionamento dos concellos; en concreto, os de Mos e Porriño.
No caso do primeiro deles, na actualidade ten o 22% do seu chan cualificado de non edificable por estar afectado por algún tipo de infraestrutura: ferrocarril, redes de gas, un oleoduto, o aeroporto, a AP-9 e a N-550, entre outras. Ademais, os novos proxectos previstos para a zona, como a ampliación de Peinador ou a propia construción da AV-80 (Vigo-Porriño) levarían esa porcentaxe de territorio non útil para a construción en preto de 123 millóns de metros cadrados, un 28% do chan municipal.
Os concellos de Mos e Porriño, como xa fixo no seu momento o Concello de Vigo e a Confederación de Empresarios de Pontevedra, non apoia a construción da AV-80 e coinciden co PPdeG en que a mellor opción é converter en gratuíto o tramo Puxeiros-Porriño da AP-9. A mesma solución, a de eliminar peaxes, propón o concello de Porriño para mellorar a situación da circulación na zona.
Por iso, o PP de Galicia pedirá á Xunta que aposte por suprimir a peaxe que na actualidade soporta o tramo Vigo-Porriño da AP-9, e a construción de interconexiones entre a A-52, a AP-9, a A-55 e a futura A-57.
GASTO INNECESARIO
Sobre o primeiro aspecto, o portavoz de Infraestruturas do PPdeG recordou que eliminar esa peaxe neste tramo suporía un coste estimado de 100 millóns de euros en 40 anos, mentres que construír a autovía como pretende Fomento non custaría menos de 150 millóns.
Sobre as interconexiones, Alonso mostrouse sorprendido por un proxecto, o da AV-80 de Fomento, que non poderá resolver os problemas do tráfico porque nin enlaza coas infraestruturas xa existentes, nin conecta cos polígonos da zona, nin co porto, nin coa zona franca, nin facilita o acceso a Vigo. En definitiva, seguirán os problemas circulatorios.
Gómez Alonso lamentou que a Fomento só ocórranselle parches chafalleiros para solucionar os problemas circulatorios de Galicia e pediu á Xunta que deixe de ser palmeiro da ministra Magdalena Álvarez e defenda os intereses dos veciños de Galicia. Neste sentido, recordou que o presidente da Xunta aínda non recibira aos posibles afectados pola construcción desta autovía, que ata a data recolleron máis de 11.000 firmas pero que polo motivo que o señor Touriño saberá aínda non foron dignos de ser recibidos por algún cargo da administración galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario