martes, 4 de septiembre de 2007

MAGDALENA ÁLVAREZ VAISE A MADRID ANUNCIANDO NOVOS RETRASOS ANTE O BENEPLÁCITO DE TOURIÑO



Alejandro Gómez afirma que “a ministra de Fomento ten a cara de vir a Galicia a anunciar novos retrasos no AVE Vigo e Ourense e que non hai novedades do AVE coa Meseta”

• Mentres todos os partidos políticos nacionais están a reprobar á Ministra de Fomento, Touriño aplaude á Magdalena Alvarez a pesares de non concretar datas para o AVE galego

• As visitas da Ministra de Fomento e do Presidente Zapatero confirman que para o goberno central os galegos non son iguais nin ten os mesmos dereitos que outras Comunidades Autónomas

• “Barcelona terá AVE no presente ano e Galicia non terá nin un só quilómetro rematado en toda a lexislatura Zapatero” afirmou Alejandro Gómez

• Magdalena Alvarez desautoriza ao Presidente da Xunta que prometera que a información pública do AVE entre Ourense e Vigo estaría aprobado antes do verán

“Magdalena Álvarez vaise a Madrid anunciando novos retrasos ante o benepláctito de Touriño”, esa é a conclusión da visita da Ministra de Fomento a Galicia a visitar as obras do AVE que decidiu retrasar, cando o goberno do PSOE chegou a Madrid, dixo hoxe o voceiro de infraestructuras do PPdeG, Alejandro Gomez.

Alejadro Gómez afirma que a ministra de Fomento ten a cara de vir a Galicia a anunciar novos retrasos no AVE Vigo e Ourense, que segundo o “monólogo” mantido polo Presidente da Xunta na súa visita a Madrid tiña que ter en verano aprobado o estudio informativo.

O deputado autonómico afirmou que a ministra ven a Galicia a dar datos que os galegos xa sabían, que é o tempo de percorrido do AVE entre Santiago e Ourense. O goberno Zapatero será recordado en Galicia como o da paralización e retraso das grandes infraestructuras, porque rematará a lexislatura sen un novo quilómetro de AVE.

OURENSE-SANTIAGO. SEN DATA DE REMATE
A ministra de Fomento, responsable do retraso do AVE entre Santiago e Ourense, polas anulacións e paralizacións levadas adiante dende a súa chegada ao goberno, na súa a visita a Galicia non concretou a data de remate do mesmo.

O AVE entre Ourense e a capital galega foi adxudicado polo goberno do PP e, dende a chegada do goberno socialista a Madrid, acumula un retraso de máis de dous anos; ainda non se ten coñecemento de como vai ser a entrada a cidades de Ourense e Santiago e, unha vez rematado ten que ser electrificado e tomadas as medidas de seguridade.

TOURIÑO. OUTRA OPORTUNIDADE PERDIDA
O PPdeG lamenta que mentres todos os grupos políticos nacionais e galegos están a reprobar á ministra de Fomento, o Presidente da Xunta sexa cómprice de que Galicia sexa a derradeira Comunidade á que chegue o AVE coa Meseta e perda unha nova oportunidade para esixir data de comezo das obras do AVE a Galicia.

Touriño está a ser cómplice de que Galicia sexa tratada como unha Comunidade de segunda, porque mentres que o presidente Zapatero e a Ministra Alvarez viaxan a Cataluña e anuncian día, mes e ano do remate do AVE a Barcelona, cando veñen a Galicia non se lles esixe que dean datas de comezo das obras. “Barcelona terá AVE no presente ano e Galicia non terá nin un só quilómetro rematado en toda a lexislatura Zapatero”, concluiu Alejandro Gómez

A actitude do presidente da Xunta o fai cómplice da desidia co que o goberno socialista de Madrid está a tratar a Galicia polo que a conclusión é que Touriño se alía co PSOE pero non con Galicia.

RETRASOS E ANULACIÓN. SEN AVE LUGO, VIGO, FERROL..
A falla de compromiso da Ministra de Fomento con Galicia escenificouse hoxe na visita ás obras do AVE Santiago-Ourense, que ten xa un retraso de dous anos, grazas a parálise que levou adiante Magdalena Álvarez cando chegou ao Ministerio de Fomento.

Magdalena Álvarez confirmou hoxe a Touriño e ao conxunto dos galegos que Galicia non tera AVE coa cornisa cantábrica; non vai haber unha 2ª saída á meseta a través de Monforte-Ponferrada e, nin Lugo nin Ferrol ao dar os prazos do AVE que chegará a Galicia e, a isto hai que engadirle a confirmación de de data do AVE coa Meseta e pasa a de datas concretas a “no menor prazo posible” ou “canto antes”.

No hay comentarios: