Magdalena Álvarez ven a Galicia a visitar as obras que ela mesma retrasou cando chegou ao Goberno
TOURIÑO DEBE NOMEAR Á MINISTRA DE FOMENTO “PERSOA NON GRATA” SE A SÚA VISITA A GALICIA É PARA FACERSE A FOTO E NON PARA ADQUIRIR COMPROMISO DE DATA DE COMEZO DAS OBRAS DO AVE
O GOBERNO ZAPATERO PARALIZOU OU ANULOU TODAS AS OBRAS DO AVE CON GALICIA NA LEXISLATURA
• Os galegos non son menos que os cataláns e a Ministra debe comprometer con Galicia, con datas concretas de comezo do AVE
• O portavoz de infraestructuras reafírmase no feito de que Touriño realizou un monólogo na súa visita a Madrid, porque todos os seus anuncios foron en vano
O portavoz de infraestruturas do PPdeG, Alejandro Gomez Alonso, afirmou hoxe que agarda que a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, veña hoxe a desculparse con todos os galegos polo estado actual de parálise no que se atopan as principais infraestruturas e anuncie, de xeito definitivo, cándo van comezar as obras do AVE na nosa Comunidade.
O PPdeG considera cando menos paradóxico que Magdalena Álvarez chegue a Galicia para ver o estado da construcción férrea entre Santiago e Ourense cando, niguén mellor ca ela sabe que as obras da Alta Velocidade en Galicia arrastran, en moitas actuacións, retrasos de ata cinco anos na súa tramitación.
A ministra de Fomento parece esquecerse de que foi ela mesma quen retrasou ditas obras, nada máis chegar ao Goberno e afirmou que se Magdalena Álvarez non se compromete con Galicia, o Presidente da Xunta debería nomeala “persoa non grata”.
AVE. PARALISE E ANULACIÓN
O Ministerio de Fomento tivo paralizados durante máis de dous anos as obras entre Medina e Galicia e, a día de hoxe, aínda só está autorizada a licitación de algún dos tramos. Galicia non terá AVE coa Meseta ata o ano 2015-20.
O AVE entre Ourense e Vigo leva na mesma situación desde que o goberno socialista chegou a Madrid, o que supón que leva paralizado desde hai case catro anos e mentres Touriño anuncia avances nas súas visitas a Madrid, os ministros non queren comparecer co Presidente de todos os galegos para comprometerse.
SEN DATA
A día de hoxe segue sen saberse cándo se rematará a autovía do Cantábrico e o Eixo Atlántico, están anulados o AVE de Lugo e Ferrol e a autovía entre Vigo e Pontevedra segue sen estar conectada coa cidade olívica.
Esto é o balance que deixa a ministra de Fomento nestes catro anos en Galicia: retrasos e parálise.
REPARAR
O PPdeG espera que nesta visita, Magdalena Álvarez sorprenda gratamente aos galegos, dicindo por fin cánto se compromete o Goberno socialista coa nosa Comunidade, tanto en datas como en cartos.
Os compromisos que o presidente do Goberno central adquiriu nestes últimos días con Cataluña ou con Asturias, durante a súa estancia vacional nesta comunidade, contrastan descaradamente co desinterés que pola contra mostra con Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario