FOMENTO SEGUE ADIANTE COA EXPROPIACIÓN DA MINA DE SERRABAL SEN COÑECER AS CONCLUSIÓNS DUN INFORME PERICIAL SOBRE A AFECTACIÓN REAL DA EXPLOTACIÓN
O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular pregunta no Parlamento polas conclusións da recente visita da ministra de Fomento ás obras do Ave Santiago-Ourense que non rematarán ata 2015
O PPdeG denuncia as “chapuzas” asociadas ás expropiacións do ADIF, que expropia Serrabal sen ter en conta os informes dos enxeñeiros da miña, que cuantifican a afección nun 60% das reservas explotables
O Ministerio de Fomento e mailo Administrrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) seguen adiante coa expropiación da mina de Serrabal, a pesar da “chapuza administrativa” que fai que no expediente consten dúas superficies diferentes e que sigan sen coñecerse as conclusións dun informe pericial que se está a elaborar neste momento.
O voceiro de Infraestructuras do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, desvelou estes datos na tarde de hoxe, ao preguntar ao Goberno, na comisión parlamentaria de Obras Públicas, sobre o balanzo da recente visita efectuada pola ministra de Fomento a diferentes puntos das obras do trazado ferroviario entre Santiago e Ourense.
XUNTA E GOBERNO CENTRAL IGNORAN UN MANDATO DO PARLAMENTO
Gómez Alonso insiste en que Fomento mantén invariable a súa decisión de construír o Ave sobre unha parte da mina de Serrabal, ignorando un mandato parlamentario que obriga a Xunta e a Goberno central a buscar alternativas que garantan a viabilidade da explotación mineira e a continuidade dos postos de traballo actuais.
Neste escenario, ADIF disponse a executar as expropiacións a pesar de que aínda está sen rematar o informe pericial encargado ao decano da Facultade de Xeoloxía da Universidade de Oviedo para coñecer a afectación real que o trazado terá sobre as reservas minerais do xacemento. “Pretenden expropiar Serrabal con premeditación, alevosía e nocturnidade”, alertou Gómez Alonso, laiándose de que, a día de hoxe, non existe garantía algunha de mantemento dos postos de traballo da mina.
Gómez Alonso puxo de manifesto que na súa recente visita ás obras, a ministra evitou comprometer calquera prazo para o remate dos traballos, silencio que foi matizado polo deputado popular, que advertiu “sen temor a equivocarse” que esa liña ferroviaria non estará rematada, no mellor dos casos, ata o ano 2015, a pesar de que oficialmente se continua falando de 2012 como mandato parlamentario que obriga a Xunta e a Goberno central a buscar alternativas que garantan a viabilidade da explotación mineira e a continuidade dos postos de traballo actuais.
Neste escenario, ADIF disponse a executar as expropiacións a pesar de que aínda está sen rematar o informe pericial encargado ao decano da Facultade de Xeoloxía da Universidade de Oviedo para coñecer a afectación real que o trazado terá sobre as reservas minerais do xacemento. “Pretenden expropiar Serrabal con premeditación, alevosía e nocturnidade”, alertou Gómez Alonso, laiándose de que, a día de hoxe, non existe garantía algunha de mantemento dos postos de traballo da mina.
Gómez Alonso puxo de manifesto que na súa recente visita ás obras, a ministra evitou comprometer calquera prazo para o remate dos traballos, silencio que foi matizado polo deputado popular, que advertiu “sen temor a equivocarse” que esa liña ferroviaria non estará rematada, no mellor dos casos, ata o ano 2015, a pesar de que oficialmente se continua falando de 2012 como tope.
RESPONSABILIDADE DE TOURIÑO
O deputado popular insistiu en responsabilizar do que está a suceder en Serrabal ao propio presidente da Xunta, que se decanta pola defensa dos intereses persoais dos integrantes dunha plataforma veciñal vinculada ao PSOE e liderada por un profesor universitario co que Touriño compartiu militancia comunista no pasado. Esa plataforma, engadou Gómez Alonso, continúa opoñéndose na actualidade ao trazado alternativo que permitiría a supervivencia da mina e o mantemento dos postos de traballo, directos e indirectos, dependentes da explotación.
Do mesmo xeito, o voceiro de Infraestruturas dos populares galegos insistiu en que as “chapuzas” son a nota característica das expropiacións promovidas polo ADIF, que expropia Serrabal sen ter en conta os informes dos enxeñeiros da miña, que cuantifican a afección nun 60% das reservas explotables
Como exemplo dese traballo anómalo, o deputado sinalou tamén o feito de que, a día de hoxe, aínda estean sen pagar máis do 60% dos predios afectados polo AVE ao seu paso polos concellos pontevedreses de Lalín e Silleda. “Tan só en Lalín hai máis de 1.837 fincas sen pagar”, alertou o deputado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario