O 100% DAS OBRAS DO PLAN GALICIA DA COSTA DA MORTE EN SERVIZO, EN OBRAS OU EN TRAMITACIÓN AS PUXO EN MARCHA A XUNTA DO PPDEG
Ata o de agora, o único que fixo o bipartito na Costa da Morte foi paralizar todas as actuacións previstas
Touriño minte cando dí que a vía de alta capacidade está en marcha, xa que segue pendente de adxudicar cando, se se cumpriran os prazos iniciais, estaría a punto de rematar
O anterior Goberno galego deixara asinado un convenio para cofinanciar a ampliación do porto de Brens, pero o bipartito paralizou o proxecto durante dous anos e medio
Touriño esqueceuse onte dos 9 polígonos empresariais previstos na Costa da Morte polo Plan Galicia, e só puido referirse a dous, un dos cales, o de Carballo, está sen empezar
As obras dos centros de saúde de Buño e Agualada seguen sen comezar, ningunha das escolas infantís están en funcionamento e o centro residencial de Vimianzo segue en redacción de proxecto
O 100% das obras do Plan Galicia da Costa da Morte en servizo, en obras ou en tramitación as puxo en marcha a Xunta do PPdeG. “O bipartito, dende hai dous anos e medio, fixo 0 metros de solo industrial, o quilómetros de estradas e 0 actuacións en portos que non foran comezadas polo goberno do Partido Popular”, afirmou Gomez Alonso.
O voceiro de Infraestructuras do Grupo Parlamentario Popular, Alejandro Gómez Alonso, corrixiu hoxe ao presidente da Xunta ao aclarar que as únicas obras que están rematadas, que continúan a súa execución ou están en tramitación en toda a comarca da Costa da Morte son as que deixou licitadas o PPdeG na anterior lexislatura no marco do Plan Galicia. As restantes actuacións foron paralizadas polo Goberno bipartito, conclúe Gómez Alonso.
VÍA DE ALTA CAPACIDADE
Un dos paradignas desta actuación é a vía de alta capacidade da Costa da Morte, que segue aínda sen executar, malia que, de terse cumprido as previsións iniciais, as obras deberían estar a piques de ser rematadas para entrar en servizo a finais do 2007.
PORTOS NA COSTA DA MORTE (*)
Semellante é a situación que se rexistra en materia de portos, onde a pesar de que todas as obras deberían estar xa rematadas no ano 2006, 4 desas actuacións continúan en obras (Camelle, Malpica, Muxía e Muros) e outras dúas foron paralizadas polo bipartito (Cee e Corme).
Aínda que Touriño anuncia agora que a actuación estelar da Xunta en materia portuaria se vai desenvolver en Brens (Cee), o certo é que o anterior Executivo autonómico do PPdeG deixara asinado un convenio para cofinanciar as obras, pero a actuación estivo paralizada durante estes dous anos e medios.
SOLO INDUSTRIAL NA COSTA DA MORTE (*)
O balanzo destes dous anos e medio de Goberno bipartito é aínda máis desolador en materia de solo industrial, xa que 8 dos 9 polígonos empresariais proxectados polo anterior Executivo no marco do Plan Galicia están paralizados a día de hoxe, como se pode comprobar no cadro específico.
Resulta chamativo que das dúas referencias concretas efectuadas onte por Touriño, nunha delas (en Carballo) nin siquera comezaron as obras.
OUTRAS ACTUACIÓNS
Noutros ámbitos de actuación, confírmase tamén o principio de que “non hai novidade” no anuncio de Touriño. As obras dos centros de saúde de Agualada e de Buño seguen sen comezar; non funciona ningunha das 7 escolas infantís comprometidas previamente, nin os tres centros de día anunciados; a residencia xeriátrica que se ía construir en Vimianzo seguirá, un ano máis, en fase de proxecto.
Para o PPdeG tamén resulta sorprendente que o presidente da Xunta anuncie a inmediata execución do Parador de Turismo de Muxía, nun prazo de 18 meses, cando os Presupostos Xerais do Estado de 2008 só consignan para ese proxecto unha partida económica de 1 millón de euros, a pesar de que o conxunto do proxecto require un total de 22 millóns de euros.
O anuncio de destinar 48 millóns de euros a un plan de formación específico para a Costa da Morte revela que a Xunta deixou sen executar o que xa comprometera en xullo de 2006 co mesmo orzamento (47,7 millóns de euros naquel momento).
No hay comentarios:
Publicar un comentario