O PPDEG PROPÓN UNHA REBAIXA EQUITATIVA DE TODA A PEAXE, NEUTRA PARA OURENSE E BENEFICIARIA PARA O TRAMO LALÍN-SANTIAGO
Os populares creen que sería máis equitativo unha rebaixa proporcional de todo o trazado entre Santiago e Ourense
O PPdeG entende que este tipo de medidas deben dirixirse ao maior volume de poboación posible
O voceiro de infraestruturas do PPdeG cosidera que cunha reducción de todo o tramo Santiago-Cea podería reducirse a sinistralidade viaria, como consecuencia dunha menor utilización da estrada antiga
O voceiro de infraestructuras do PPdeG, Alejandro Gómez Alonso, propón unha rebaixa equitativa de toda a peaxe,neutra para Ourense e beneficiaria para os usuarios da vía entre Lalín e Santiago.
O Partido Popular de Galicia valora a apertura ao tráfico do tramo Alto de Santo Domingo(Dozón)-Cea da Autoestrada Santiago-Ourense, ainda que a parálise que está a existir na Xunta supoña un retraso sobre o previsto polo anterior executivo galego, e felicítase de que sexa de balde.
Sen embargo, a xuízo dos populares galegos, o máis equitativo sería aplicar unha rebaixa completa e proporcional ao conxunto da autoestrada Santiago-Ourense, que podería beneficiar a todos os usuarios e sería neutra para Ourense.
O PPdeG cree que coa proporcionalidade todos serán beneficiados e ningún sairá prexudicado. O voceiro de infraestruturas do PPdeG considera que cunha reducción de todo o tramo entre Santiago e Ourense podería reducirse a sinistralidade viaria, como consecuencia dunha menor utilización da estrada antiga e maior emprego da vía de alta capacidade que ten como fin unir Santiago con Ourense.
SANTIAGO-OURENSE, O MESMO PREZO. TODOS BENEFICIADOS
Alonso Gomez dí que o itinerario entre Santiago e Ourense podería ter o mesmo prezo mantendo a rebaixa proporcional. En resumo, a proposta do PPdeG é facer unha rebaixa proporcional entre as cidades de Santiago e Ourense, que sería neutro para os habitantes de Ourense que viaxen dende Santiago; mentres que a rebaixa proposta polo goberno prexudica a todos
Proposta PPdeG. Santiago-Ourense: 4,80 euros
Proposta goberno. Santiago-Dozón: 4,80 euros e Dozón-Ourense: gratis
O PPdeG entende que este tipo de medidas deben dirixirse ao maior volume de poboación posible, evitando facer discriminacións e fuxindo de calquera tentación electoralista.
O Grupo Parlamentario Popular continuará formulando propostas na Cámara galega para solicitar a redución da peaxe no conxunto da vía e informa que se o executivo reducira equitativamente a peaxe suporía mellorar as comunicacións entre os ourensans e os santiagueses e non só dunha parte dos habitantes que viven entre Ourense e Santiago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario