lunes, 21 de enero de 2008

NUÑEZ FEIJÓO ASEGURA QUE “OS NOIESES PODERÁN CRUZAR A RÍA SOBRE UNHA NOVA PONTE EN 2010” CO PP NO GOBERNO E NA XUNTA



Por algo será que desde que se convocaron as eleccións a Ministra de Fomento desapareceu

A Xunta ten paralizadas as 15 principais obras de Galicia: “300 quilómetros fantasma”

O Goberno de Zapatero nin puxo unha soa travesa na maior parte das liñas interiores do AVE, nin moveu un solo papel para conectar Galicia co resto de España

A única promesa en infraestructuras que cumpriu a Xunta foi en Noia: empeñáronse en non facer a variante e non se fixo a variante

O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asistiu, na noite de onte, a un acto cos militantes do PP de Noia. Na súa intervención, Núñez Feijóo garantizou que “os noieses poderán cruzar a ría sobre unha nova ponte en 2010” co PP no Goberno central e na Xunta. O Presidente dos populares galegos cre que en Noia foi onde o Bipartito cumpriu a súa única promesa en infraestructuras: empeñáronse en non facer a variante e non se fixo a variante.

Núñez Feijóo cre que “Galicia precisa o AVE, e Noia precisa a ponte” e dixo que “mentres nós queremos construir o século XXI, eles queren voltar ao século XIX”. O Presidente do PPdeG salientou que a Xunta, a través da súa Consellería de Política Territorial, con “Magdalena 2”, ten as 15 principais obras de Galicia paralizadas e retrasadas ata o 2012-2015. En total “300 quilómetros fantasma”.

Unha conducta similar á do Ministerio de Fomento, que durante esta lexislatura discriminou a Galicia. “Non puxeron unha soa travesa na maior parte das liñas interiores do AVE” e “non moveron nin un só papel para conectar a Galicia co resto de España” a través da Alta Velocidade. Con este balance, para Núñez Feijóo, non é de estranar que desde que se convocaron as eleccións, Magdalena Álvarez estea desaparecida.

O Presidente do PPdeG destacou que Galicia se enfrenta a retos nos próximos catro anos que hai que abordar con urxencia, e valorou que os perfís dos cabeza de lista do partido para as Eleccións Xerais son os máis axeitados para contribuir a mellorar a situación económica, dar un pulo ás infraestructuras, dar un salto de calidade nos servicios sociais e incrementar as prestacións dos que se adican ao sector primario.

Sobre Antonio Erias, cabeza de lista do PPdeG na provincia da Coruña, Núñez Feijóo destacou que coa súa experiencia e formación contribuirá activamente a solucionar o problema que encabeza as preocupacións dos cidadáns: a crise económica. Así Núñez Feijóo recordou que as hipotecas están máis caras que nunca e os prezos están a subir como nunca o fixeron nesta década, polo que hai aplicar solucións inminentes que invirtan esta situación.

No hay comentarios: