ZAPATERO ESQUECE O AVE VIGO-PORTO EN PRESENCIA DO PRESIDENTE DA XUNTA E TOURIÑO CALA
Desde que chegou o PSOE ao Goberno central, non se produciron avances na tramitación desta obra e cada vez que se pregunta polo comezo da obra non se comprometen con data e retrasan un ano máis o seu remate.
Os populares galegos consideran que o Presidente da Xunta non defendeu os intereses dos galegos
Para Galicia a relación con Portugal é un asunto da máxima prioridade xa que, Galicia e o Norte de Portugal constitúen unha eurorrexión de arredor de 7 millóns de habitantes
Os populares galegos lamentan que o Presidente do goberno de España esqueza o AVE entre Vigo e Porto, na reunión de Braga, coa presencia do Presidente da Xunta e Touriño non reclame a súa execución.
No día de onte, na reunión celebrada en Braga, os máximos responsables de España e Portugal falaron da conexión de AVE entre Madrid e Lisboa e non puxeron data, nin de comezo nin de fin do AVE entre Porto e Vigo e o presidente da Xunta permitiu o desprezo a Galicia.
EXPLICACIÓNS NO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentario Popular presentará iniciativas no Parlamento de Galicia co obxectivo de coñecer os prazos de comezo do AVE entre Vigo e Porto.
Ademáis, solicitará cal vai ser o finanzamento, que características vai ter e os diversos prazos de tramitación, para un AVE fundamental para os intereses económicos dos galegos.
Desde que chegou o PSOE ao Goberno central, non se produciron avances na tramitación desta obra e cada vez que se pregunta polo comezo da obra non se comprometen con data e retrasan un ano máis o seu remate.
FALLA DE DEFENSA DOS INTERESES DOS GALEGOS
Os populares galegos consideran que o Presidente da Xunta non defendeu os intereses dos galegos e actuou como secretario xeral do PSOE, deixando na súa presencia que se certifique que o AVE Vigo-Porto aprázase indefinidamente o non ter data.
Malia as declaracións grandilocuentes, que son habituais no presidente da Xunta, o PPdeG insiste en que o proxecto de execución dunha liña de alta velocidade ferroviaria entre Vigo e Porto segue como hai catro anos, a pesar do compromiso expresado polos Gobernos español e portugués, no cumio de Figueira de Foz de 2003, na que se anunciara a materialización do proxecto para o ano 2008.
RELACIÓN CON PORTUGAL
Para Galicia a relación con Portugal é un asunto da máxima prioridade xa que, Galicia e o Norte de Portugal constitúen unha eurorrexión de arredor de 7 millóns de habitantes, cuns lazos de colaboración e recíproca implicación cada vez máis estable e fortes. Ademais, para Galicia é fundamental profundizar nesa relación para poñer en valor a posición privilexiada como territorio do Arco Atlántico, conectando a cornixa cantábrica co oeste da península ibérica
O anterior Goberno foi quen liderou a Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal –recoñecido en moitas ocasións por diferentes membros da Comisión Europea como modelo a seguir na cooperación rexional. Ademais, o Goberno Fraga prestou o seu apoio decidido á constitución do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, asociación dos 18 principais concellos de ámbalas dúas marxes do Miño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario