O Grupo Popular alerta das innumerables “chapuzas” que se están a producir nas obras da autovía Santiago-Brión
A Conselleira María José Caride adiantará en tres meses o prazo de inauguración da AG-56 a costa de “ejecutar unha chapuza”
O voceiro de Infraestructuras esixirá no Parlamento Galego responsabilidades polas deficiencias registradas na autoestrada nestes días
O voceiro de Infraestructuras do Grupo Popular, Alejando Gómez Alonso, acaba de advertir á Conselleira de Política Territorial, María José Caride, da “chapuza” na que se están a converter as obras da autovía Santiago-Brión.
Gómez Alonso alertou deste xeito á conselleira das “innumerables deficiencias que presenta esta obra” que, nos últimos días, provocaron incluso a preocupación dos veciños afectados polas mesmas.
PROBLEMAS NOS CONCELLOS DE AMES E BRIÓN
Neste sentido, o voceiro da Comisión de Infraestructuras informou que no punto que afecta ao concello de Ames rexistraronse importantes desprendementos de terra sobre o acceso da urbanización “As Mimosas” que, ate esta mesma mañá, permanecía cortado co conseguinte perigo para a seguridade vial.
Os problemas aos que alude o Grupo Popular tamén se deixaron notar noutros puntos da autovía nos que apareceron desprendementos de terra sobre a calzada que nos últimos días empeoraron a causa das fortes choivas que afectan a Galicia.
PROBLEMAS NA EXECUCIÓN DAS OBRAS
Segundo o voceiro do Grupo Popular a causa principal destes incidentes é a perda de calidade na execución das obras, xa que, no pasado mes de decembro a conselleira decidiu reducir o plazo de finalización das mesmas en tres meses por motivos “puramente electorais”. Gómez Alonso declarou neste sentido que o seu grupo non vai a consentir que “se faga unha autovía destas características cos mínimos recursos e en tempo record” xa que a seguridade dos cidadáns está “moi por diante das aspiracións electorais da señora Caride”.
Como ejemplo das chapuzas (remítense fotos) nalgúns tramos da AG-56 non están rematados os enlosados dos pasos inferiores, xunto co feito de que algúns terraplens carecen de protección o que coas choivas causa desprendimentos.
Neste sentido o voceiro de Infraestructuras esixirá no Parlamento responsabilidades polos problemas que están a ocasionar ditas obras así como que non se poña operativa ate que se garanticen tódalas normas de seguridade.
Dita, licitada polo Goberno Popular na Xunta no ano 2005, suporá un importante nexo de unión entre a N-55º na Rocha (no termo de Santiago) coa estrada AC-543 (en Brión).
Dentro das actuacións complementarias a esta autovía se inclue tamén a construcción dunha variante de 3,3 kilómetros de lonxitude que conecta As Galanas coa AG-56, descongestionando polo tanto o tráfico que se dirixe a Santiago pola estrada N-550.
No hay comentarios:
Publicar un comentario