O GRUPO POPULAR DENUNCIA QUE A XUNTA PERMANECE DE BRAZOS CRUZADOS ANTE A CRISE NO SECTOR DO TRANSPORTE
A incapacidade da Xunta de materializar os compromisos acadados trala crise do ano 2005 e a súa negativa a intervir no problema pode traer graves consecuencias para a economía galega, xa que se trata dun sector estratéxico cun peso no PIB de preto do 5% , segundo o Grupo Popular
Para o deputado Gómez Alonso resulta paradóxico que en vez de falar do conflito a Conselleira compareza para falar dun Plan sen dotación orzamentaria e que é presentado por un goberno que ten paralizados ou retrasados mais de 300 km de VAC´S de estradas en Galicia, sumados aos 270 km de autovías do Ministerio de Fomento
O Grupo Popular propón solucións para mellorar a cualificación do sector, coa implantación de Centros de Formación Profesional nas 4 provincias galegas e para a mellora da competitividade, con incentivos fiscais e potenciando a figura do xestor empresarial
O PPdeG solicita a construción dos accesos as plataformas loxísticas existentes, como ao Porto Exterior de Ferrol, a Plisan, ao Porto seco de Monforte ou ao polígono de San Cibrado das Viñas
Reclama a posta en servizo de 10 millóns de metros cadrados adicados a solo para transporte fronte aos tan só 90.000 metros cadrados da central de transportes de Pontecaldelas que as liortas entre Vivenda e a COTOP mantén paralizados
A Xunta de Galicia “permanece impasible no tocante a folga de transporte sen intermediar e sen procurar unha solución real ao problema das mercadorías no noso país” indicou o voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Gómez Alonso, na súa intervención hoxe no pleno do Parlamento. Para o deputado popular o sector do transporte de mercadorías é un sector estratéxico para o desenvolvemento do noso país, tanto en termos cualitativos como cuantitativos, xa que o seu peso no PIB galego está preto do 5%.
Para Gómez Alonso a crise que está a vivir este sector remóntase ao ano 2005 e, ante o paro que provocou un desabastecemento progresivo e que obrigou a Xunta a crear un gabinete de crise, as medidas que adoptou a Xunta para mellorar a competitividade e modernidade dos transportes de mercadorías foron “ningunha”.
O desencadenante fundamental do conflito actual, a superación do prezo do gasóleo da barreira psicolóxica do euro, foi un dos temas que, dentro dos acordos acadados no ano 2005, aínda está pendente de cumprir entre transportistas e cargadoras, polo que o incremento dun 16,69% do prezo do gasóleo non permite as empresas cubrir os custes. Unha solución ao conflito e ao problema dos transportistas sería asinar os custes mínimos de explotación establecidos polo Ministerio de Fomento.
UN PLAN “ELECTORALISTA” E SEN CONCRECIÓNS
O deputado popular considerou que as explicacións da Consellería sobre o plan de transportes “son explicacións plantexadas en período electoral para evitar un castigo do sector do transporte de mercadorías nas furnas, pero sen dotación orzamentaria, con accións xenéricas e sen concretalas e que, no mellor dos casos, se aplicará na vindeira lexislatura”.
Gómez Alonso indicou que resulta paradóxico que o plan sexa presentado polo goberno que ten paralizados ou retrasados mais de 300 km de VAC´S de estradas en Galicia, sumados aos 270 km de autovías do Ministerio de Fomento. Tamén destacou a desaparición das axudas prestadas polo IGAPE ata o ano 2006, aprobadas polo PP, para a renovación da flota de camións.
PROPOSTAS DO PPDEGALICIA
Segundo Gómez Alonso, o Grupo Popular propón solucións para a mellora da cualificación do sector e para a mellora da competitividade dun sector cun grave problema de atomización, infraestruturas e formativo. Ao respecto da formación o PPdeG solicita a implantación de Centros de Formación Profesional nas catro provincias galegas xa que os únicos centros funcionando na actualidade foron implantados polo goberno anterior.
Así mesmo, o Grupo Popular propón un plan de concentración de empresas para mellorar a competitividade, incentivando fiscalmente e potenciando a figura do sector de concentracións, habilitar aparcamentos para vehículos industriais e patios de operacións nos polígonos industriais e construción de áreas de descanso nas VAC´S en servizo.
CONSTRUCIÓN DE 10 MILLÓNS DE METROS CUADRADOS
O deputado popular reclamou a necesidade da posta en servizo de 10 millóns de metros cadrados adicados a solo para transporte, fronte aos tan só 90.00 metros da central de transportes de Pontecaldelas, que as liortas entre Vivenda ea COTOP mantén paralizados.
Gómez Alonso tamén resaltou a necesidade de construír os accesos as plataformas loxísticas existentes poñendo como exemplo evidente de paralización o Porto de Ferrol, que sigue paralizado pola falta de accesos, a Plisan, sen servizo de conexión coa A-52 e sen previsión ferroviaria, ao Porto seco de Monforte ou ao Polígono de San Cibrao das Viñas.
PARALISE E RETRASO NA VERTEBRACIÓN DO PAÍS
O deputado popular criticou a ralentización e progresiva parálise da obra pública en Galicia ante o que lembrou que a mediados do ano 2005 297,3 km de vías de alta capacidade estaban ben licitados, en obras ou pendentes de adxudicación e a previsión era que se iniciasen as obras en mais de 233 km, aínda que o panorama hoxe vai por outros camiños.
Dente o punto de vista de vertebración e cohesión territorial esta falla de planificación e xestión política están a provocar “un retraso medio de dous, tres e ata catro anos sobre os prazos de remate das grandes infraestruturas e un retraso en mais de 15 proxectos construtivos que suman un total de 300 k “
Gómez Alonso indicou que a consecuencia é que importantes infraestruturas como a Vía Ártabra, ou VAC´S como Tui-A Guarda, Sarria-Monforte, Ferrol-San Cibrao, Marín-Pontevedra, Ferrol-San Cibrao xunto con outros importantes proxectos como a autovía Pontevedra-Vilagarcía, a variante de Carballo, Noia ou a estrada que unirá Becerreá con Navia de Suarna e o acceso ao Porto de Bens “non estarán rematados ata os anos 2012 2014”
Por iso, destacou o deputado popular, ao remate desta lexislatura tan só haberá 71 km de vías de alta capacidade en servizo, de proxectos que o PP deixou licitados ou en obras no ano 2005. En canto ás estradas, tres das cinco autovías (60%) do Plan Galicia reducen o seu orzamento respecto de 2007.
No hay comentarios:
Publicar un comentario