viernes, 8 de febrero de 2008

O PPdeG ACUSA Á XUNTA DE ALIÑARSE CON MAGDALENA ÁLVAREZ PARA PARALIZAR AS GRANDES OBRAS PENDENTES NA CORNIXA CANTÁBRICA

A ministra de Fomento anulou o estudo informativo do ave transcantábrico, contratado en 2003, truncando calquera posibilidade de iniciar as obras en 2010, como estaba previsto

A autovía do Cantábrico rematará con 4 anos de retraso en Galicia (2012) mentres avanzan a bo ritmo en Asturias: Galicia ten en servizo 3 dos 14 tramos previstos, mentres que en Asturias xa se circula por 9 de 14

A Xunta desenténdese do compromiso se mellorar as estradas interiores de Galicia con Asturias a través do Y da Fonsagrada e trata de zanxar con 2 millóns de euros unha obra na que se deberían investir 40 M€

O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, denunciou hoxe que a Xunta de Galicia actuou, durante a última lexislatura, como un “tonto útil” ao servizo da ministra de Fomento, converténdose en cómplice do retraso e da paralización das grandes obras públicas pendentes de acometer para mellora as comunicacións terrestres da cornixa cantábrica.

No debate dunha iniciativa incluída na orde do día da Comisión de Ordenación Territorial e Obras Públicas do Parlamento celebrada esta tarde, Gómez Alonso denunciou que o proxecto de executar o trazado transcantábrico do AVE constitúe, a día de hoxe, unha “tenebrosa interrogante”. Esta incerteza é consecuencias da decisión de Fomento de reiniciar todos os estudo relacionados cunha actuación que, segundo o cronograma inicial, debería iniciarse en 2010 cun investimento de 5.400 millóns de euros para conectar Bilbao con Ferrol.

Aínda que o Xestor de Infraestruturas Ferroviarias licitou, en febreiro de 2003, os contratos de consultoría e asistencia para a elaboración do estudo informativo do ave transcantábrico, a chegada de Magdalena Álvarez ao Ministerio de Fomento truncou o proxecto, que foi paralizado. A decisión foi secundada polos presidentes da Xunta e do Principado, que admitiron en público que o ave do Cantábrico nin é prioritario non se debe executara calquera prezo. Deste xeito, a posibilidade de iniciar as obras en 2010, como anunciara Álvarez Cascos, esvaécese totalmente.

“O ave do Cantábrico quedou aparcado definitivamente e, desta forma, a Cornixa Cantábrica queda fora dun proxecto fundamental para as catro comunidades autónomas implicadas no seu trazado, tendo en conta que suporía unha conexión ferroviaria directa con Europa sen necesidade de incorporarse aos eixes casteláns”, afirmou Gómez Alonso.

AUTOVÍA DO CANTÁBRICO: RETRASO E ENTREGUISMO

Respecto á Autovía do Cantábrico, Gómez Alonso recordou que as obras finalizarán cun retraso mínimo de catro anos, a pesar de que os prazos de Touriño e Areces prevían que rematasen, como moi tarde, en 2009. Sen embargo, a realidade é ben distintas. Dos 85,7 km do tramo galego da autovía do Cantábrico, só 21,6 km están en servizo; é dicir, só están en funcionamento 3 dos 14 tramos previstos. Ademais, a previsión de investimento de Fomento nesta Autovía revela que a metade do orzamento non se executará ata o ano 2010 e seguintes (226,2 fronte aos 458,9 M€ de investimento total).


Previsións Orzamentarias 2010 e seguintes da A-8 en Galicia

TREITO LONXITUDE ANO 2010 E SEGUINTES


BARREIROS-VILAMAR 4,6 255.000 E
VILAMAR-LOURENZÁ 4,5 20.069.550 ME
LOURENZÁ-MONDOÑEDO 3,6 16.526. 529 ME
MONDOÑEDO-LINDÍN 4,7 40.902.290 ME
LINDÍN-CAREIRA 9,3 87.351.710 ME
CAREIRA-ABADÍN 5 28.246.960 ME
ABADÍN-CASTROMAYOR 3,5 230.370 E
CASTROMAYOR-TOUZAS 6 14.432.020 ME
TOUZAS-VILLALBA 9 18.239.600 ME

50.2 KM 226.254.029 ME



Sen embargo, no tramo asturiano, a situación é ben distinta. Dun trazado de 133,15 quilómetros de lonxitude total, xa están en servizo 52,94 quilómetros, incluíndo o tramo inaugurado hoxe pola ministra de Fomento. Co aberto hoxe, estarán en servizo 9 dos 14 tramos previstos.

SEN NOTICIAS DA VAC DA COSTA NORTE

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular tamén recordou que o Goberno bipartito mantén paralizado o proxecto de construción da vía de alta capacidade da Costa Norte, que en 2008 recibirá tan só a décima parte dos recursos que precisaría para que as obras podan iniciarse a bo ritmo. En lugar dos 37,17 millóns de euros necesarios (como figuraba na programación plurianual de exercicios anteriores), a Xunta consignou unicamente unha partida de 3,7 M€.

O Y DE FONSAGRADA CAE NO ESQUECEMENTO

Na súa intervención, Gómez Alonso tamén denunciou que a Xunta de Galicia se está a desentender do compromiso anunciado por Touriño e Areces para mellorar as comunicacións interiores entre Galicia e Asturias a través do anunciado corredor en forma de Y que enlazaría A Fonsagrada coas localidades asturianas de Santa Eulalia e Oscos e Grandas de Salime. Xunta de Galicia e Principado de Asturias anunciaran que as obras se ían iniciar en 2007 cun presuposto total de 40 millóns de euros.

Sen embargo, este proxecto tamén foi abandonado e así quedou de manifesto o pasado 4 de xaneiro, cando a Xunta adxudicou por 2 millóns de euros as obras de mellora da estrada entre Barreiros e o límite con Asturias, que articula o Y de Fonsagrada. Así, a Xunta pretende arranxar con 2 millóns de euros unha actuación presupostada inicialmente en 40 millóns.

Neste contexto, no debate desta tarde, Gómez Alonso reclamou o apoio de socialistas e nacionalistas para aprobar a súa proposición non de lei e instar á Xunta e ao Ministerio de Fomento a acelerar a construción da autovía do Cantábrico de xeito que poda entrar en servizo no ano 2010. Reclaman tamén os populares que o Ministerio de Fomento retome o estudo informativo do proxecto do corredor de alta velocidade ferroviaria do Cantábrico, xa contratado no ano 2003, para poder sometelo a información pública ao longo de 2008.

O terceiro punto da iniciativa defendida hoxe por Gómez Alonso propoñía iniciar tamén este mesmo ano as obras do Y Fonsagrada-Santa Eulalia de Oscos- Grandas de Salime, tal e como foi concibido inicialmente: con características de corredor e un orzamento de 40 millóns de euros.

No hay comentarios: