FEIJÓO PROPÓN UN PACTO POLAS INFRAESTRUCTURAS “QUEN NON VAI CONTRA NINGUÉN SENON A FAVOR DE GALICIA”
Recorda que despois da última lexislatura de Zapatero, o Goberno central mantén o 73% dos trazados do AVE de Galicia en fase de estudo ou proxecto, mentres hai 432 quilómetros de autovía paralizados
Entre 1990 e 1996, o Goberno central puxo en servizo unha media de 16,4 quilómetros de autovía cada ano; co Executivo de Aznar acadáronse os 55 km/ano, pero con Zapatero a media caeu ata o 12,2 km/ano
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que, á vista do trato recibido por Galicia en materia de obras públicas na pasada lexislatura de Zapatero, resulta imprescindible constituír e poñer en marcha unha comisión mixta para velar pola materialización dos compromisos pendentes.
Feijóo recordou que esta medida, proposta polo PPdeG e que será debatida no Pleno do Parlamento que se inicia mañá, “non vai contra ninguén, va a favor de Galicia”, e constitúe un “pacto necesario” para evitar que na lexislatura que agora se inicia volva acontecer o mesmo que co primeiro Goberno Zapatero.
CATALUÑA XA TEN COMISIÓN
O presidente do PPdeG efectuou estas precisións nunha rolda de prensa celebrada este mediodía, trala reunión cos deputados do Grupo Popular, na que recordou que a creación dunha comisión mixta non sería inédita, senón que conta cun antecedente, xa en funcionamento, en Cataluña.
O líder dos populares galegos fixo votos para que “empecemos ven” a lexislatura, argumentando que a lóxica indica que a medida “non pode ser rexeitada”, xa que ese pacto polas infraestruturas estaría aínda máis xustificado en Galicia ca en Cataluña. Nesta liña, convidou á ministra de Administracións Públicas, a galega Elena Salgado, que “saberá que o AVE galego está sen facer”, a implicarse e apoiar a creación desa comisión mixta en defensa das infraestruturas que a Comunidade Autónoma precisa.
Na súa intervención, Feijóo argumentou, con datos, a necesidade de articular ese pacto que evite que Galicia volva ser a comunidade peor tratada polo Goberno de Zapatero en materia de obras públicas.
Así, rematados os catro anos da pasada lexislatura, dos 900 quilómetros que suman as seis liñas de AVE que se deberían construír en Galicia sumando os trazados interiores e os de conexión cos Meseta, cun investimento superior aos 20.000 millóns de euros, o 73% do trazado atópase en fase de estudo ou proxecto, mentres que nin un só quilómetro da rede está electrificado a día de hoxe.
A PEOR LEXISLATURA DESDE 1990
O panorama é similar no referido ás autovías e vías de alta capacidade de competencia estatal previstas na Comunidade Autónoma. Están pendentes de construír un total de 432 quilómetros de autovías, o que equivale a un orzamento de 2.400 millóns de euros.
Á vista destes datos, Feijóo concluíu que a pasada foi a peor lexislatura para Galicia desde 1990. Mentres que entre os anos 1990 e 1996 (Goberno de Felipe González) se puxeron en funcionamento en Galicia unha media de 16,4 quilómetros de autovía cada ano, desde 1996 a 2004 (Gobernos de José María Aznar) entraron en funcionamento 55 quilómetros/ano; e durante a pasada lexislatura, con Rodríguez Zapatero, abríronse unha media de 12,2 quilómetros ano.
Kms en servizo Kms media anual
Socialista (1990-96) 98,8 16,4
Popular (1996-2004) 441,5 55,2
Socialista (2004-08) 49,1 12,2
LICITACIÓN
En materia de licitación se comparamos o derradeiro trimestre do PSOE e do PP en Galicia, entre xaneiro e marzo de 2008 licitouse para Galicia 385,7 millóns de euros; mentres os tres últimos meses do goberno do PP a suma ascendeu a 1.100 millóns de euros, o que supón un 66% menos nos meses do PSOE que nos do PP.
No hay comentarios:
Publicar un comentario