O PPdeG PROPÓN CREAR UNHA COMISIÓN XUNTA-GOBENRO CENTRAL PARA O SEGUIMIENTO DO AVE E DAS AUTOVÍAS PENDENTES PRESIDIDA POLA MINISTRA GALEGA
O 74% do Ave galego continúa en fase de estudo ou proxecto, con cero quilómetros de vía electrificada
O Goberno central ten paralizados ou retrasados 432,2 km de vías de alta capacidade, con un total de 2.400 millóns de euros sen executar en Galicia
O portavoz de infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, reclamou hoxe o apoio de socialistas e nacionalistas para constituír unha Comisión Mixta Comunidade Autónoma-Goberno do Estado para avaliar o estado das obras públicas pendentes de executar en Galicia e acadar un pacto no que se concreten as datas de posta en servizo dos trazados de autovía e alta velocidade ferroviaria que permanecen sen executar.
O antecedente da discriminación á que a ministra de Fomento sumiu a Galicia na pasada lexislatura leva ao PPdeG a propoñer que Magdalena Álvarez sexa excluída desa Comisión, para ser presidida pola titular de Administracións Públicas, a galega Elena Salgado, que debería coñecer as carencias da Comunidade Autónoma no referido ás obras públicas. De feito, Gómez Alonso recordou que a ministra de Fomento, que foi salvada dunha reprobación cos votos do BNG, nin sequera goza das simpatías dos seus compañeiros do PSOE. “A confirmación de Magdalena Álvarez foi unha mala noticia incluso para o PSOE galego”, puntalizou Gómez Alonso.
O portavoz de Infraestruturas do PPdeG reclamou, como medida paralela á Comisión Mixta, a celebración dunha reunión urxente entre unha delegación de deputados do Parlamento de Galicia e representantes do Ministerio de Fomento para coñecer a situación real das infraestruturas pendentes de executar en Galicia a día de hoxe e que os representantes do Goberno expliquen como pretenden poñer en servizo en 2012 o Ave de conexión de Galicia coa Meseta.
Gómez Alonso insistiu en que o presidente da Xunta non pode claudicar no intento de conseguir que Galicia dispoña dunha comisión de seguimento das obras públicas, posto que Cataluña dispón dun órgano bilateral dese tipo desde o pasado 8 de xaneiro e está obrigado a evitar que a Comunidade sexa obxecto dunha nova aldraxe en materia de infraestruturas nesta lexislatura. A diferenza é que o Plan de Infraestruturas de Cataluña 2007-2013 dispón dun orzamento de 34.000 euros, cese o triplo da dotación económica da que debería dispoñer o Plan Galicia, entre outras diferenzas que se poden apreciar no seguinte cadro:
Cataluña Galicia
● Pronto entrará en servizo o AVE a Barcelona... ● Nin sequera sabemos cando se iniciarán as obras
● Dispón de 3.500 M€ de orzamento para AVE en 2008 ● Sen executar 2.000 M€ na pasada lexislatura
● Terá un Plan de Infraestruturas con 34.000M€ ata 2013 ● O Plan Galicia está paralizado
Na súa intervención, o deputado popular tamén fixo un repaso do estado actual dos proxectos pendentes en Galicia en materia de alta velocidade ferroviaria. O resumo é o seguinte:
BALANZO DO ESTADO CONSTRUTIVO DO AVE EN GALICIA
Fase de Estudo: 797.1 km. 53,12 %
Proxecto: 304.7 km. 20,30 %
Obras plataforma: 265.2km. 17,67 %
Obras vía: 62.1 km. 4,13 %
Obras Inst. Seguridade: 18,3 km. 1,21 %
Km´s para velocidades de 160 km/h: 53.1 km 3,53%
(a partir do martes 22 abril 54.7 km)
Queda acreditado que sete anos despois de iniciarse, o 73,42 % do Ave galego continúa en fase de estudo ou proxecto, con cero quilómetros de vía electrificada.
Os incumprimentos son semellantes no referido ás autovías e vías de alta capacidade, que teñen pendentes de executar os orzamentos e tramos que se detallan:
• Autovía do Cantábrico (A-8): 458,9 M€ // 85,7 km
• Autovía Santiago-Lugo (A-54): 337 M€ // 80 km
• Autovía Ourense-Lugo (A-56): 248 M€ // 68,5 km
• Autovía Pontevedra-Confurco (A-57): 400 M€ // 50 km
• Autovía Ourense-Ponferrada (A-76): 1000 M€ // 150 km
A conclusión é que o Goberno central ten paralizados ou retrasados 432,2 km de vías de alta capacidade, con un total de 2.400 millóns de euros sen executar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario