O PPDEG INSTA Á XUNTA A PARALIZAR O PROXECTO DE SEGURIDADE VIAL DA PO-504 E A APROBAR O ELABORADO POLO CONCELLO DE SANXENXO CO CONSENSO DOS VECIÑOS
As alegacións dos veciños céntranse na construcción de beirarrúas a ambos marxes da calzada, en reducir o número de rotondas –propoñen dúas en vez de catro- e reducir ao máximo as afeccións
A Xunta deberá explicar os cambios de criterio sobre o proxecto constructivo, a valoración do anteproxecto presentado polo concello de Sanxenxo e a posición do Goberno autonómico sobre a transferencia da titularidade da PO-504 ao concello
O Grupo Popular presentará, no Parlamento, varias iniciativas para instar á Xunta a paralizar o proxecto de seguridade vial da PO-504 e aprobar e dotar economicamente o anteproxecto elaborado polo concello de Sanxenxo co consenso dos veciños. Así o anunciou hoxe, o voceiro de Infraestruturas popular, Alejandro Gómez Alonso, tras reunirse, esta mañá, cos veciños afectados e coa alcaldesa do Concello, Catalina González.
Asimesmo, Gómez Alonso afirmou que o Grupo Popular tamén instará ao Executivo autonómico a que converta a PO-504 nunha travesa urbana, realidade recoñecida pola anterior Xunta gobernada polo PP, e que se transfira, consecuentemente, a competencia e titularidade da mesma ao concello de Sanxenxo.
MALTRATO E DESPREZO AOS VECIÑOS
O voceiro popular asegurou amais que o Grupo Parlamentario Popular presentará unha batería de iniciativas de control, co obxecto de que a Xunta dea explicación do maltrato e desprezo dispensado aos veciños afectados e os motivos de non consensuar o proxecto.
Neste sentido, Gómez Alonso recordou que as alegacións dos veciños céntranse na construcción de beirarrúas a ambos marxes da calzada, en reducir o número de rotondas –propoñen dúas en vez de catro- e reducir ao máximo as afeccións.
‘O concello de Sanxenxo –lembrou- encargou en 2007 un estudio e anteproxecto de seguridade vial da PO-504 que, ademais de facer unha actuación en toda a vía, imprimía un carácter urbano da travesa, incidía na seguridade vial dos peatóns e conductores e contaba co consenso dos veciños, pero o anteproxecto foi rexeitado por Política Territorial, negándose a recibir tan sequera aos veciños afectados’.
Diante desta situación, o voceiro popular asegurou que o Executivo autonómico deberá explicar tamén os cambios de criterio sobre o proxecto constructivo, a valoración do anteproxecto presentado polo concello de Sanxenxo e a posición do Goberno autonómico sobre a transferencia da titularidade da PO-504 ao concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario