jueves, 8 de mayo de 2008

O PPDEG PEDIRÁ A COMPARECENCIA DOS DIRECTORES DO IGAPE,RELACIÓNS LABORAIS E OBRAS PÚBLICAS PARA A RECOLOCACIÓN DOS TRABALLADORES DE PROINSA

Insta á Xunta a que explique qué medidas levará acabo para apoiar ao tecido industrial do Deza, xa que moitas empresas da comarca, vencelladas ao sector da construcción e proveedores de Proinsa, están tentando salvar como poden a complicada situación financeira que os impagos da empresa lles está a producir

Reclama a elaboración dun Plan Sectorial de Infraestruturas para Deza-Tabeirós-Montes

A única obra que se puxo en servizo nestes tres anos, na comarca, foi a variante de Lalín, que xa deixara en marcha o anterior goberno do PP

As obras do vial Silleda-Laro, proxectado polo PP, están paralizadas

Pide á Consellería de Política Territorial que cumpra co mandato do Parlamento e entable negociación serias co Ministerio sobre a rebaixa das peaxes da AP-53

O Grupo Popular solicitará a comparecencia, no Parlamento, dos directores xerais do IGAPE, Relacións Laborais e Obras Públicas para que dean conta sobre a situación dos plans de recolocación dos traballadores do Grupo Proinsa e o apoio ao tecido industrial do Deza.

Así a anunciou hoxe, o voceiro de Infraestruturas popular, Alejandro Gómez Alonso, logo dunha rolda de prensa na que participaron tamén o portavoz popular do PP de Lalín, Román Rodríguez, e a deputada Beatriz Mato, e na que se tratou, entre outros asuntos, a grave crise pola que atravesa esta empresa, da que dependen 400 postos de traballo directos e máis de 1.000 indirectos.

O voceiro popular pedirá á Xunta que explique qué medidas pensa levar acabo para apoiar ao tecido industrial do Deza, ‘xa que moitas empresas da comarca, vencelladas ao sector da construcción e proveedores de Proinsa, -subliñou- están tentando salvar como poden a complicada situación financeira que os impagos da empresa lles está a producir’.

Gómez Alonso asegurou que o secretario xeral de Obras Públicas terá que dar conta, tamén, das inversións en obra pública da Consellería de Política Territorial e do Ministerio para a comarca.

PLAN SECTORIAL DE INFRAESTRUTURAS DEZA-TABEIRÓS-MONTES
Nesta liña de defensa do emprego na comarca do Deza, o voceiro popular anunciou que o PPdeG presentará unha batería de iniciativas para instar á Xunta amais da constitución dunha comisión de seguemento e avaliación dos plans de recolocación e axudas as empresas afectadas, na cal participen a Xunta, o concello de Lalín, sindicatos e empresas; á elaboración dun Plan Sectorial de Infraestruturas para Deza-Tabeirós-Montes.

Gómez Alonso subliñou a importancia deste proxecto, ‘xa que a única obra que se puxo en servizo nestes tres anos, na comarca, foi a variante de Lalín, que xa deixara en marcha o anterior goberno do PP’.

‘Neste momento, -afirmou- non existe ningún proxecto novo, xa que as obras do vial Silleda-Laro, proxectado polo Partido Popular, están paralizadas’.

REBAIXA DA PEAXE DA AP-53
No tocante á situación da rebaixa das peaxes da AP-53, o voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular anunciou que o PP interpelará á conselleira de Política Territorial para pedirlle explicacións e esixirlle que antes de que remate este primeiro semestre entable ‘negociacións serias’ co Ministerio para cumprir co mandato do Parlamento.

Neste sentido, Gómez Alonso lembrou que o 24 de outubro de 2007, no Parlamento, e a instancia do PP, aprobouse unha Proposición non de Lei na que se instaba á Xunta a impulsar unha negociación co Ministerio de Fomento e a empresa concesionaria para rebaixar as tarifas das peaxes da AP-53. ‘Sen embargo, -aseverou- seis meses despois, non se sabe nada’.

No hay comentarios: