PSOE E BNG DANLLE AS COSTAS AOS VECIÑOS E OPÓÑENSE A MODIFICAR O PROXECTO DE REFORMA DA ESTRADA SANXENXO-VILALONGA
A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, seguiu o debate desde o Parlamento acompañada por un grupo de afectados, mentres que varias ducias máis de veciños se concentraron no exterior da Cámara para reclamar solucións
Os grupos que apoian ao Goberno bipartito, PSOE e BNG, volveron dar as costas aos veciños afectados polas obras da estrada PO-504 Sanxenxo-Vilalonga, ao rexeitar esta tarde no Parlamento unha iniciativa parlamentaria formulada polo PPdeG para instar á Xunta a reformar o proxecto para axustalo á proposta formulada polos habitantes da zona e polo propio Concello de Sanxenxo.
Na sesión de hoxe da Comisión de Obras Públicas, o portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, propuxo un pacto a socialistas e nacionalistas para aprobar un mandato parlamentario que instase á Xunta a paralizar a actuación que ten prevista na estrada PO-504, asumindo no seu lugar o anteproxecto de seguridade viaria redactado polo Concello de Sanxenxo e consensuado con todos os veciños afectados.
A proposta rexeitada hoxe por PSOE e BNG na Cámara autonómica permitiría converter a PO-504 nunha travesía urbana mediante a construción de dúas glorietas e a mellora das interseccións en todo o trazado da estrada, ademais de executar beirarrúas nas dúas marxes do vial, habilitando estacionamentos de 2,5 metros de ancho. Sen embargo, ningunha destas propostas poderá ser materializada debido á intransixencia dos dous grupos que apoian á Xunta bipartita, que tampouco aceptaron a proposta do PPdeG para transferir a titularidade da PO-504 ao Concello de Sanxenxo.
INTRANSIXENCIA DA XUNTA
Na súa intervención, Gómez Alonso enmarcou a actitude de socialistas e nacionalistas na intransixencia que caracteriza toda a acción de Goberno do bipartito, recordando que “o que comezou como un lento goteo de conflitos e problemas cos veciños deste país, agora, a piques de rematar a lexislatura, converteuse nun caudal de plataformas e asociacións de afectados polas actuacións promovidas por Política Territorial”.
O debate desta tarde foi seguido desde o Parlamento pola alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, que estivo acompañada por un grupo de veciños afectados polo proxecto da Xunta para a PO-504. Paralelamente, no exterior do edificio, varias ducias de persoas, permaneceron concentradas para expresar o seu rexeitamento ao proxecto que Política Territorial pretende acometer nesa estrada.
PROXECTO ALLEO Á REALIDADE DA ZONA
Gómez Alonso acusou á Xunta de querer executar un proxecto que nada ten que ver co entorno no que se van executar as obras e ignora as alegacións formuladas polos veciños e polo Concello.
En opinión do deputado popular, a proposta do Concello de Sanxenxo, ademais de contemplar unha actuación integral en toda a vía, imprímelle o carácter urbano que xa posúe na actualidade e mellora a seguridade viaria de peóns e condutores.
Cuestionou tamén Gómez Alonso a actitude de “desprezo” mantida por Política Territorial respecto aos veciños afectados, aos que se nega a recibir desde que se coñeceu o proxecto.
1 comentario:
La realidad de la po 504 es tan variante como la realidad de los politicos, segun a qien le preguntes... la ignorancia de los vecinos,los caciques que apoyan a los politicos y los listos que se quieren comer el mundo...
La realidad juridica es que esta via no podra ser urbana de titularidad municipal hasta que no cumpla la ley de carreteras que dice que tendran que haber obras consolidadas en dos terceras partes de su trazado a uno de sus margenes.La mayoria de las obras quedaron fuera de ordenacion al aprobarse el pxom con unos viales de 32 metros... y esa es la clave de la cuestion.
Publicar un comentario