martes, 3 de junio de 2008

O PPdeG PROPÓN DESCONTOS POR USO HABITUAL NAS AUTOESTRADAS SANTIAGO-LALÍN E DO ATLÁNTICO


O Consello de Ministros do pasado venres autorizou unha achega adicional de 93 millóns de euros para a redución de peaxes nas autoestradas catalanas

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular insiste en que a Xunta leva desaproveitado 3 anos sen solicitar a transferencia das autoestradas de peaxe e apunta que esta modalidade permitiría ofrecer descontos por uso habitual equivalentes so 50% da tarifa actual

Nove meses despois do acordo parlamentario, a Xunta segue sen cumprir o mandato de iniciar as negociacións para rebaixar a peaxe da AP-53; tampouco cumpriu os mandatos para a AP-9

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, propuxo hoxe na Comisión de Obras Públicas do Parlamento, habilitar descontos por uso habitual nas autoestradas de pago de Galicia. A proposta xurde ante a negativa da Xunta a deseñar unha estratexia reivindicativa que permita abaratar o custe das peaxes en Galicia, que se sitúan como as máis caras de España: un 15,6% máis caras ca en Cataluña e un 35% máis ca en Andalucía.

Esta porcentaxe incrementaríase aínda máis de tomarse como referencia o importe que teñen que aboar os usuarios da AP-53, Santiago-Alto de Santo Domingo, situado en 0,12 euros por quilómetro, fronte aos 0,11 €/km que pagan os usuarios da AP-9 entre Vigo e Pontevedra.

Gómez Alonso responsabilizou desta realidade á compracencia da Xunta de Galicia respecto ao Goberno central. De feito, desde que Pérez Touriño é presidente da Xunta non se teñen rexistrado avances na redución de peaxes nas autoestradas galegas, mentres este tipo de medidas se suceden para outros territorios do Estado.

Coste Ano 2008 AP - 53

AUTOESTRADA Percorrido Lonxitude Prezo do percorido
AP - 53 Santiago - Lalín 41,9 4,90 0,12

Tan só en 2008, afirmou Gómez Alonso, a peaxe da AP-53, entre Santiago e Lalín, incrementouse en 10 céntimos. Nos últimos catro anos, desde 2004, o custe da peaxe medrou en 1,43€ p ara ese mesmo trazado, o que supón unha subida do 41,21%, ao pasar de 3,47 a 4,90€.

PRETO DE 100 MILLÓNS MÁIS PARA CATALUÑA

O deputado popular recorda que o Consello de Ministros celebrado o pasado venres autorizou un convenio entre o Ministerio de Fomento e a Generalitat de Cataluña no que o Goberno central se compromete a achegar un total de 93,68 millóns de euros para reducir peaxes nas autoestradas catalanas.

Na súa intervención, Gómez Alonso tamén cuestionou que o Goberno bipartito estea a punto de concluír o seu terceiro ano de mandato sen iniciar sequera as xestións previas encamiñadas a solicitar a transferencia a Galicia da xestión das autoestradas para poder actuar así sobre as peaxes.

Nesta liña, o deputado popular desvelou que aínda que a conselleira de Política Territorial anunciara en Lalín, en 2006, que fora encargado un estudo encamiñado a reducir os custes para incrementar o número de usuarios da AP-53, é o certo que cando o Grupo Popular solicitou o documento, a Xunta respondeu por escrito que non tiñan constancia da súa existencia porque este asunto non é de competencia autonómica.

A xuízo do deputado popular, a transferencia das autoestradas non só permitiría mellorar conexión entre as distintas áreas urbanas de Galicia, como a construción dun terceiro carril na AP-9 en Santiago ou melloras para superar o colapso da ponte de Rande, senón que faría posible unha intervención directa sobre as peaxes.

Gómez Alonso tamén lembrou que nove meses despois do acordo parlamentario, a Xunta segue sen cumprir o mandato de iniciar as negociacións para rebaixar a peaxe da AP-53; mandato que tampouco cumpre no tocante á AP-9.

DESCONTOS POR USO HABITUAL

Como exemplo, Gómez Alonso recordou que mentres os usuarios galegos están condenados a pagar as peaxes máis elevadas de España, os da AP-41, que enlaza Madrid con Toledo, dispoñen de descontos por uso habitual que poden chegar ao 50%, e que ofrecen bonificacións para mozos, xubilados, persoas con discapacidade ou familias numerosas. O traxecto é de balde de 01,00 a 05,00 horas e ofrece descontos durante as fins de semana. Noutro caso, na AP-66, en León, conta con rebaixas de tarifa do 30% para vehículos pesados.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Vai facer o PP de todo o Estado como os seus colegas de Morón de La Frontera, que acaban de nomear á Virgen María Auxiliadora alcaldesa de honra?

Será San Xoán Bautista alcalde de honra de Carballo? Van extender esa práctica ao resto de concellos do estado e imos ter a todo o santoral gobernando, de forma honoraria, España? Van exportar as formas dese alcalde que pide abucheos para os concelleiros de IU que votaron en contra e despois se puxo a cantar a "Salve"?

Que xentiña... E despois din que os nacionalistas queren aleccionar á xente, manda carallo!!!

Por se vos apetece recrearvos, un vídeo do glorioso suceso.
http://www.cadenaser.com/espana/video/burlas-alcalde-moron-frontera/serpro/20080606csrcsrnac_2/Ves