jueves, 21 de agosto de 2008

O PPdeG cualifica os anuncios de Touriño como “un insulto á intelixencia dos galegos” ante a imposibilidade material de que o AVE estea operativo 2012


Cinco anos de goberno socialista: 0 kms de AVE e, co estado actual de tramitación, o 88,82% do AVE galego aínda se atopa en fase de estudio

Para a posta en servizo do AVE galego en 2012 é necesaria unha inversión de máis de 8200 millóns de euros, máis de 2600 millóns ao ano

O PPdeG insta a Touriño e a Zapatero a constituír, en setembro, sen máis dilacións, a Subcomisión de seguimento aprobada no Congreso do Deputados

Iniciativa PPdeG para evitar máis retrasos no AVE
•Proposición non de Lei para que se acorden novos prazos de inicios das obras de xeito que, en 2009, se inicien as obras en 88.3 kms do AVE Lubián-Ourense e se licite o proxecto e obra de 385,3 kms do AVE interior

O voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso, cualificou, hoxe, os anuncios de Touriño “dun insulto á intelixencia dos galegos” ante a imposibilidade material de que o AVE estea operativo en 2012.

Gómez Alonso referiuse, así, á dobre moral á que nos ten acostumados o presidente da Xunta, de dicir unha cousa e logo facer a súa contraria. ‘Só así se entende –dixo- que un dos máximos responsables, xunto a ministra de Fomento, do bloqueo do AVE en Galicia, sexa á vez o campión dos anuncios da chegada desta obra’.

‘Desde que Touriño é presidente da Xunta –lembrou o voceiro popular- cóntanse por ducias os anuncios de obras rematadas do AVE, chegando incluso a anunciarse remates de tramos para datas nas que non estaban previstas nin tan sequera as licitacións’.

5 ANOS DE GOBERNO SOCIALISTA, O KMS DE AVE
Fronte a este ‘festival de irresponsabilidade’, Gómez Alonso lembrou que a realidade mostra unha situación moi diferente da que pinta o presidente da Xunta, ‘xa que tras cinco anos de goberno socialista –subliñou- aínda hai 0 quilómetros electrificados e, co estado actual de tramitación, o 88,82% do AVE galego aínda se atopa en fase de estudio e proxecto’.

SITUACIÓN DO AVE GALEGO
(**en base á tramitación actual)

Liñas
Lonxitude
Kms en Fase de Estudio e proxecto
Kms en Servizo
Kms Electrificados

MADRID-GALICIA
Madrid-Ourense Ourense-Santiago Ourense-Vigo
472.8 Kms
310.7 Kms
0 Kms
0 Kms

EIXO ATLÀNTICO
237.7 Kms
76.6 Kms
57 Kms
0 Kms

OURENSE- LUGO
103.3 Kms
95.8 Kms
0 Kms
0 Kms

LUGO-BETANZOS
92 Kms
92 Kms
0 Kms
0 Kms

PALENCIA-LEÓN-PONFERRADA-MONFORTE
331,4 Kms
305.1 Kms
0 Kms
0 kms

FERROL-ASTURIAS-CANTABRIA-BILBAO
450 Kms
450 Kms
0 Kms
0 kms
8000 MILLÓNS DE EUROS EN TRES ANOS
O voceiro popular asegurou que para a posta en servizo do AVE galego en 2012 é necesaria unha inversión de máis de 8200 millóns de euros. ‘Estamos a falar –subliñou-, de máis de 2600 millóns ao ano’.


LIÑA
TREITO SEN INICIAR
CUSTE INVERSIÓN

MADRID-GALICIA
Ourense-Vigo
Lubián-Ourense
Zamora-Lubián
3256 Millóns euros

EIXO ATLÀNTICO Frontera Portugal-Vigo
Uxes-Betanzos Betanzos-Ferrol 974 Millóns euros

OURENSE- LUGO Ourense-Monforte Monforte-Lugo 637.6Millóns euros

LUGO-BETANZOS 780 Millóns euros

PALENCIA-MONFORTE Ponferrada-Monforte 1210 Millóns euros

FERROL-BILBAO Ribadeo-Ferrol 1410 Millóns euros

TOTAL 8267.6 Millóns euros


SUBCOMISIÓN DE SEGUEMENTO EN SETEMBRO
Diante do bloqueo que está a sufrir o tren de alta velocidade en Galicia, o PP insta a Touriño e a Zapatero a constituír, en setembro, sen máis dilacións, a Subcomisión de seguimento aprobada no Congreso.

‘O que demandamos –reiterou o voceiro popular- é que inescusablemente esta subcomisión se constitúa, tal e como estableceu a Cámara baixa’.


INICIATIVA PARA EVITAR MÁIS RETRASOS NO AVE
Asimesmo, Gómez Alonso anunciou, tamén, que o Grupo Popular ven de presentar, no Parlamento, unha nova iniciativa co obxecto de evitar máis retrasos no tren de alta velocidade galego. ‘Trátase –afirmou- dunha Proposición non de Lei coa que pretendemos que a Xunta faga, dunha vez, os seus deberes e se acorden novos prazos de inicios das obras do AVE en Galicia’.

Segundo explicou o deputado popular, con esta proposta conseguiríase que:

-EN 2008: se liciten o 100% das obras do Eixo Atlántico e o 30% do AVE Lubián-Ourense

-EN 2009: se inicien as obras en 88.3 kms do AVE Lubián-Ourense; e se licite o proxecto e obra de 385,3 kms do AVE interior

-EN 2010: se liciten proxecto e obra do AVE Cantábrico

No hay comentarios: